Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

16/12/20 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta e o Parlamento de Galicia colaboran para facilitar menús solidarios de Nadal a persoas vulnerables ao abeiro da canle Mercaproximidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, o conselleiro do Medio Rural e o presidente da Cámara galega, asinaron hoxe o correspondente convenio para formalizar esta iniciativa

15/12/20 | 16:42 | C. do Medio Rural

Galicia beneficiarase do reparto de fondos estatais para desenvolver un plan de bioseguridade centrado na sanidade animal e vexetal

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse con responsables do Ministerio de Agricultura e doutras comunidades autónomas para abordar este futuro plan, dotado con 38 millóns de euros

14/12/20 | 16:29 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria aposta polos lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática dos viños galegos

O grupo operativo desenvolveuse na denominación de orixe do Ribeiro, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

14/12/20 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 1,8 M€ en axudas para a promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea

O DOG publica hoxe a orde que regula estas subvencións, ás que poden acollerse empresas, cooperativas e outras entidades asociativas do sector

13/12/20 | 11:31 | C. do Medio Rural

Un total de 86 mostras compiten nas catas dos queixos e dos meles 2020 que organizan a Xunta e os consellos reguladores

Nesta edición rexistráronse 29 industrias queixeiras con 49 mostras e 25 industrias do mel con 17 meles monoflorais e 20 multiflorais

12/12/20 | 14:08 | C. do Medio Rural

José González aposta pola potenciación da marca galega 100% e dos futuros selos para o leite de pastoreo e de produción integrada na entrega dos premios Exceleite 2020

O conselleiro destacou que a Estratexia persegue deica 2025 o impulso das marcas de calidade xa existentes e a regulación doutras novas, co obxectivo de posicionar no mercado produtos lácteos galegos con alto valor engadido

11/12/20 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta distribuirá 7,3 M€ entre os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia para apoiar o seu labor ata o ano 2022

O que se busca é que con estas achegas poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader

11/12/20 | 13:10 | C. do Medio Rural

José González aposta polo rural como motor para o futuro de Galicia na entrega da undécima edición dos premios Agader

O conselleiro agradeceu o labor dos galardoados, pola súa contribución para crear un rural máis vivo e para impulsar a economía local

10/12/20 | 12:17 | C. do Medio Rural

Galicia esixe que se teñan en conta as peculiaridades do seu agro no reparto de fondos da futura PAC entre as autonomías

José González amosou a súa preocupación por algunha das cuestións que se negociaron en Europa e que tiveron o consenso do Goberno español, sen atender as expectativas galegas

09/12/20 | 17:11 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a nova Lei de recuperación da terra agraria promoverá a posta en valor dos terreos abandonados e facilitará base territorial a quen a desexe traballar

Subliña que busca revitalizar o rural e traballar pola recuperación demográfica; polo incremento da calidade de vida da poboación e pola anticipación ante os lumes forestais