Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

22/01/21 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta rexistra no Parlamento a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia para acadar o máximo consenso na súa tramitación

Con este procedemento dáse cumprimento ao compromiso asumido ao respecto pola Consellería do Medio Rural na Comisión de Estudo sobre a política forestal

22/01/21 | 10:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 2,25 millóns de euros a financiar o coidado de plantacións forestais subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para 2021 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader nos anos 2016, 2017 e 2018

21/01/21 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de comunicar ao Ministerio de agricultura un foco positivo do sars-cov-2 nunha granxa de visóns situada en Galicia

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da explotación, faise consonte ás normas vixentes en España de comunicación de enfermidades emerxentes

21/01/21 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 2,15 millóns de euros ás axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de 2021-2022

Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de enfermidades, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo status sanitario da cabana galega

20/01/21 | 14:06 | C. do Medio Rural

Galicia defende ante o Goberno central o seu acordo coas demais comunidades cantábricas a prol dunha futura PAC equilibrada e xusta a nivel nacional

Na reunión, o ministro Planas valorou positivamente esta proposta, polo seu “carácter construtivo”

19/01/21 | 11:34 | C. do Medio Rural

Galicia e as demais comunidades da Cornixa Cantábrica reclaman ao Goberno central que contemple as súas peculiaridades na aplicación da futura PAC

As catro autonomías defenden que o Plan Estratéxico nacional da PAC se apoie e recoñeza o modelo de explotación familiar agraria sustentable do norte de España

18/01/21 | 11:00 | C. do Medio Rural

Preto de 700 beneficiarios das axudas para a elaboración de instrumentos de ordenación forestal poderán xestionar unhas 200.000 hectáreas de monte ao longo deste ano 2021

O DOG publica hoxe a relación de beneficiarios destas axudas, convocadas no ano 2020 pola Consellería do Medio Rural cun orzamento de 4,5 millóns de euros

18/01/21 | 08:09 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio no concello ourensán de Entrimo que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 6 hectáreas rasas

17/01/21 | 12:01 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará case 270.000 euros ao grupo de desenvolvemento rural Salnés-Ulla-Umia para apoiar o seu labor ata o ano 2022

Con estas achegas búscase que o GDR poida continuar dinamizando a súa zona de influencia na provincia de Pontevedra e seleccionando novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento dos concellos implicados

16/01/21 | 09:51 | C. do Medio Rural

Manuel Rodríguez visita as bases aéreas de loita contra os incendios en Lugo para explicar as melloras que permitirán optimizar recursos e acurtar os tempos de reacción

O director xeral de Defensa do Monte lembrou que se investirán 15 millóns de euros nas instalacións, no equipamento e no parque móbil do Servizo en toda Galicia, así como na construción dun Centro integral para a loita contra o lume