Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

28/01/21 | 16:58 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza o compromiso co labor dos GDR co investimento de 35 millóns de euros para dinamizar o rural galego

Estes fondos permitirán destinar case 23 millóns de euros a financiar proxectos ao abeiro da medida Leader ata o 2023

28/01/21 | 10:59 | C. do Medio Rural

Ata 26.000 agricultores e gandeiros galegos recibiron un total de 170 M€ polas axudas directas da PAC de 2019

O DOG publica hoxe a resolución pola que se notifican os pagamentos directos á agricultura e gandaría efectuados ao abeiro desa convocatoria

28/01/21 | 10:50 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 8 M€ nas axudas para a creación de arredor de 4.000 Ha de superficies forestais con frondosas e coníferas nos vindeiros dous anos

O DOG publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural coa que se procura favorecer o aumento da diversidade, incrementar a superficie forestal arborada con frondosas e coníferas e anticiparse aos incendios

27/01/21 | 13:06 | C. do Medio Rural

A Xunta fomenta a dixitalización e a descarbonización do sector forestal para mellorar a súa sustentabilidade e competitividade

Esta estratexia, impulsada pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), intégrase dentro das medidas do Plan Forestal de Galicia 2021-2040

27/01/21 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía a autorización para conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida 'Ternera Gallega' debido á emerxencia sanitaria pola covid-19

O Diario Oficial de Galicia xa publicara en abril de 2020 a modificación temporal do prego de condicións técnicas deste selo de calidade neste sentido

26/01/21 | 11:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a súa coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na anticipación aos incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte mantivo reunións de traballo con responsables do Seprona en Galicia e da Unidade da Policía Autonómica

25/01/21 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3,7 M€ ás axudas para información e promoción dos produtos galegos con calidade diferenciada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria coa convocatoria e as bases

24/01/21 | 09:11 | C. do Medio Rural

A Xunta activa un novo servizo para a consulta telemática dos expedientes de aproveitamentos madeireiros públicos

A nova ferramenta permite que os usuarios conecten os seus propios sistemas á aplicación Corpu -coa que se xestionan as cortas públicas de madeira-, proporcionándolles facilmente toda a información destes expedientes

23/01/21 | 09:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a transformación dixital das empresas do sector do viño de cara unha viticultura de precisión en Galicia

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) no marco dunha xornada técnica para dar a coñecer o proxecto transfronteirizo VINIoT

22/01/21 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a Asoporcel no fomento da explotación "sostible e rendible" da raza autóctona porco celta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería do Medio Rural destina á entidade 820.000 euros no período 2016-2022 para colaborar na recuperación da especie, en perigo de extinción