Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

10/02/21 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou no 2020 algo máis de 4 millóns de euros en axudas para fomentar a calidade entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de tres liñas de achegas que xestiona a Consellería do Medio Rural

10/02/21 | 09:57 | C. do Medio Rural

Un total de 31 entidades benefícianse das axudas de 2020 para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas por un valor de 2,3 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de beneficiarios destas achegas que xestiona a Consellería do Medio Rural

09/02/21 | 17:19 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Coristanco impulsarán o sector da pataca a través dun Plan estratéxico e de distintos instrumentos de mobilización de terras

O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro telemático co alcalde desta localidade coruñesa, acompañado dos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

09/02/21 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 73.000 euros para o arranxo de infraestruturas rurais no concello de Castrelo de Miño

Esta contía corresponde ao Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) e ao Plan Marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, que teñen a finalidade de mellorar as principais vías de comunicación destas áreas rurais

09/02/21 | 09:59 | C. do Medio Rural

Un total de 91 industrias beneficiáronse no ano 2020 das axudas da Xunta para a transformación e comercialización de produtos agrarios por valor de 26 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas, que convoca a Consellería do Medio Rural

09/02/21 | 09:43 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 1,5 M€ nas primeiras axudas para impulsar a boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común

O obxectivo da orde de achegas que publica hoxe o DOG é profesionalizar a xestión das CMVMC e consolidar as máis de 660.000 hectáreas de montes que abranguen, que representan máis do 25% da superficie forestal da comunidade

08/02/21 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta beneficiou a 19 adegas con 1,3 millóns de euros en axudas para a promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea

O DOG publica hoxe a resolución desta liña de achegas, que xestiona a Consellería do Medio Rural

07/02/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e as cooperativas agroalimentarias reforzan a súa colaboración na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

No encontro púxose de manifesto a sintonía existente entre ambas partes en materias como as negociacións da PAC, o reparto dos fondos europeos para o sector primario ou a posibilidade de mellorar a Lei de recuperación da terra

06/02/21 | 11:14 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Gudiña estudan a posibilidade de impulsar un instrumento de mobilización de terras

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron un encontro para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio ourensán

05/02/21 | 13:59 | C. do Medio Rural

O Plan Forestal de Galicia aposta pola transición verde, a biodiversidade, a neutralidade climática e o consumo responsable

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal explicou que a súa misión é acadar, xunto a outros instrumentos, o desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural para xerar emprego e economía verde baixa en carbono