Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

11/02/21 | 17:15 | C. do Medio Rural

Fernández-Tapias cifra en preto de 395.000 euros o investimento da Xunta na mellora dos camiños municipais da comarca de Vigo

A delegada territorial achegouse hoxe ata Salvaterra para coñecer unha das actuacións que se acometerá no concello ao abeiro do Plan Marco por 38.000 euros

11/02/21 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Viana do Bolo reforzarán a súa colaboración para recuperar soutos de castiñeiros e pastos e para a anticipación aos lumes forestais

Medio Rural avaliará as propostas municipais para poñer en valor estes recursos, así como para fomentar a gandaría extensiva e a apicultura, unhas medidas que se enmarcan nos fins da futura Lei de recuperación da terra agraria

11/02/21 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Lousame colaborarán para completar as instalacións do miradoiro da Muralla coa mellora dos accesos e un aparcadoiro

O conselleiro do Medio Rural e a alcaldesa deste municipio coruñés mantiveron unha reunión por videoconferencia na que tamén abordaron as posibilidades que ofrecerá a futura Lei de recuperación da terra para dinamizar o seu agro

11/02/21 | 10:21 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 80.000 euros aos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural na súa edición número doce

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada

11/02/21 | 10:15 | C. do Medio Rural

Un total de 577 agricultores e gandeiros galegos beneficiáronse das axudas da Xunta para impulsar a incorporación a distintivos de calidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, polas que se aboaron máis de 124.000 euros ao abeiro da convocatoria do ano pasado

10/02/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras do Plan de infraestruturas rurais no concello de Esgos

Gabriel Alén desprazouse ao camiño de acceso ao núcleo rural de Gomariz, no que están proxectadas unha serie de actuacións de alargamento e mellora da capa de rodaxe, nas que a Consellería do Medio Rural -a través do Plan de Infraestruturas Rurais- vai investir preto de 43.000 euros

10/02/21 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Lalín estudan a posibilidade de impulsar un instrumento de mobilización de terras na zona

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron un encontro para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio pontevedrés

10/02/21 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta permite a venda do queixo Cebreiro en formato de máis de 2 quilos e tipifica mellor o produto curado para favorecer a súa comercialización

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio
Rural pola que se adopta decisión favorable a estes cambios, que serán remitidos ao Goberno Central para que este, á súa vez, os traslade á UE
 

10/02/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Veiga impulsan a aldea modelo de Meixide e estudan a implantación de novos instrumentos de mobilización de terras

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde da localidade ourensá analizaron as posibilidades que ofrece no municipio a futura Lei de recuperación da terra agraria, entre outros asuntos

10/02/21 | 10:12 | C. do Medio Rural

Máis de 4.600 produtores de gando vacún beneficiáronse de case 7 M€ das axudas directas da Xunta polas restricións da covid-19

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de beneficiarios destas achegas que xestionou a Consellería do Medio Rural