Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

16/02/21 | 10:03 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para compensacións complementarias e para a reposición de animais polo sacrificio obrigatorio de gando por erradicación de enfermidades

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, dotada con 250.000 euros

15/02/21 | 13:15 | C. do Medio Rural

Galicia participa do consenso xeral para a aprobación do Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria

Esta planificación é de obrigado cumprimento de acordo coa normativa comunitaria e nela participan as diferentes administracións públicas con competencias na materia, entre elas a Xunta de Galicia

15/02/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta permite a presentación de declaracións responsables de aproveitamentos madeireiros de uso doméstico a través do teléfono 012

Esta nova posibilidade facilita a presentación destas declaracións responsables ás persoas con dificultades para acceder á Sede Electrónica da Xunta

14/02/21 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e a USC reforzan a colaboración en materia de I+D+i para potenciar a dieta atlántica e os seus vínculos cos produtos agroalimentarios galegos

Ambas partes lembran que a Dieta Atlántica se basea, entre outras características, no consumo de alimentos frescos e de proximidade e na abundancia de vexetais, sen esquecer os peixes, os lácteos ou as carnes

13/02/21 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta implanta unha nova aplicación móbil para a xestión dos lumes forestais sobre o territorio en tempo real

Todos os axentes e técnicos contan con tablets que lles permitirán acceder aos lumes en tempo real dende o propio territorio

13/02/21 | 11:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Carballeda de Valdeorras colaborarán na mobilización de terras e no fomento da xestión profesionalizada dos montes veciñais

José González visitará proximamente o concello para avaliar un proxecto de mobilización de terras en terreos de propiedade municipal mediante a plantación de castiñeiro ou oliveiras

12/02/21 | 17:35 | C. do Medio Rural

A Xunta agarda acadar nas próximas semanas un acordo cos comuneiros para poder reabrir a base antiincendios do Xurés

Manuel Rodríguez sinalou que a Consellería do Medio Rural mantén “a man tendida” nesta negociación e valorou os beneficios desta instalación tanto para os propios veciños como para a protección do Parque Natural fronte o lume

12/02/21 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta fomenta a ordenación e certificación dos montes co fin de reforzar a calidade do sector forestal galego

José Luis Chan explicoulles aos principais responsables do sistema FSC España os obxectivos prioritarios da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as claves da revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040

11/02/21 | 19:11 | C. do Medio Rural

A Xunta e as organizacións profesionais agrarias colaborarán para frear a inclusión do lobo por parte do Estado no Listado de Especies en Réxime de Protección Especial

Os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural mantiveron esta tarde unha reunión con representantes do sector para escoitar as súas inquietudes e trasladar as xestións que está a levar a cabo a Xunta, ante esta decisión unilateral do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico