Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

07/03/21 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta comezará en breve os traballos de adecuación no exterior do Centro integral para a loita contra o lume de Toén

Tras proceder á limpeza de biomasa nos arredores do centro, as seguintes actuacións pasarán pola adecuación do peche e das pistas de adestramento, así como unha análise estrutural das instalacións

06/03/21 | 11:46 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no aproveitamento dos drons para tarefas de loita contra os incendios forestais e de mellora do monte

O obxectivo é empregar estes vehículos para mellorar e modernizar o operativo e a súa eficacia en ámbitos como os tempos de reacción ou a organización do dispositivo

05/03/21 | 10:45 | C. do Medio Rural

Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias dependente da Xunta realizan prácticas nunha parcela de 23 hectáreas preto da ría de Ribadeo

A formación práctica lévase a cabo en virtude dun convenio asinado entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o propietario do predio “O Costal”, onde se impulsou un proxecto de recuperación paisaxística e medioambiental

05/03/21 | 09:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 200.000 euros ás axudas para a nova participación de produtores en réximes de calidade

Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación

04/03/21 | 17:05 | C. do Medio Rural

A Xunta priorizará a reforma do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude no proceso de conversión do Pazo de Quián no espello do rural galego

A proposta gañadora proxecta -nunha primeira fase- mellorar as instalacións formativas e a residencia de estudantes

04/03/21 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza co sector da castaña nos traballos para a creación da unidade dos soutos

Na xuntanza tamén se avaliou a importancia do rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas e analizouse o éxito da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, entre outros asuntos

03/03/21 | 17:30 | C. do Medio Rural

A Xunta apoiará con 37.000 euros a creación do Museo da Pataca en Coristanco

O obxectivo é poñer en valor a pataca de Coristanco, considerando a importancia desta produción na comarca de Bergantiños desde o punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial

03/03/21 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta e Castrelo de Miño impulsarán un proxecto de polígono agrario de viñedo de 50 hectáreas neste concello dentro da recuperación de terras no Ribeiro

José González explicou que con este tipo de iniciativas o Goberno galego traballa nunha planificación integral para potenciar o agro desta bisbarra, aproveitando a súa riqueza vinícola e o impulso da Lei de recuperación de terras

01/03/21 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán para a posta en marcha dun proxecto piloto de polígono agrario de viñedo de 100 hectáreas

A iniciativa desenvolverase ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que se está a debater no Parlamento autonómico

01/03/21 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta rehabilitará o muíño de río dos Fernández pola súa importancia etnográfica no municipio de Bóveda

A actuación -que contará cunha axuda de 40.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural- enmárcase na posta en valor do conxunto etnográfico do núcleo do Souto