Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

13/03/21 | 12:35 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello do Incio avanzan no desenvolvemento da aldea modelo de Trascastro e no impulso da riqueza dos soutos tradicionais

Os traballos nos soutos, que se están a inventariar, darán continuidade á aldea modelo e terán un impulso coa entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e a súa figura das agrupacións de xestión conxunta

12/03/21 | 16:20 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza en Ponte Caldelas o Plan de desbroces e limpeza das faixas de seguridade de núcleos e bens no marco do convenio de protección das aldeas

O delegado territorial, Luis López, supervisa o arranque dos traballos na parroquia de Barbudo, beneficiaria no municipio xunto a Anceu, co alcalde, Andrés Díaz,

12/03/21 | 15:59 | C. do Medio Rural

O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde de Entrimo para avanzar na potenciación da súa riqueza forestal

José González explicoulle ao rexedor as posibilidades que abre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para mellorar a xestión dos terreos agrogandeiros e forestais

12/03/21 | 13:12 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por que o sector da carne e o do viño conten cunha estratexia de dinamización propia para aproveitar o seu potencial de desenvolvemento

Asevera que a Xunta seguirá apostando pola marca Galicia Calidade e apela ao traballo co sector agrogandeiro, para potenciar os produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia

11/03/21 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que máis da metade das explotacións agrarias de Galicia están en mans de mulleres e pon en valor o seu papel de emprendedoras no agro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias salientou que dentro das axudas para creación de pequenas explotacións, no período 2016-2019 as mulleres superan os homes en número de beneficiarias

10/03/21 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 33.000 euros á mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Xunqueira de Espadanedo

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde desta localidade ourensá reuníronse para analizar as posibilidades de arranxo de distintas vías de comunicación do municipio

09/03/21 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Paradela colaborarán na recuperación e posta en valor dos soutos e dos viñedos deste municipio

A Consellería solicitou ao Concello información sobre a localización dos soutos de castiñeiros, con vistas á delimitación dos seus perímetros para a mellora do seu aproveitamento

09/03/21 | 14:05 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un centro de exposicións rural no Concello de Lalín para dar a coñecer a obra dos artistas da comarca do Deza

A actuación contará cunha axuda de case 74.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural

09/03/21 | 10:14 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte "Seixo" no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Trátase dun monte de titularidade da Xunta de Galicia e sito no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez

08/03/21 | 14:44 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá máis de 44.000 euros na rehabilitación do forno tradicional da Caridade, no municipio ourensán de Monterrei

Os traballos enmárcanse no programa de proxectos senlleiros impulsados pola Agader e formalizaranse mediante un convenio de colaboración co Concello