Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/03/21 | 12:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor na véspera do Día internacional dos bosques que Galicia conta xa con 300.000 hectáreas de monte ordenado

José González destacou que a nosa comunidade conta con algo máis de dous millóns de hectáreas de superficie forestal

20/03/21 | 11:16 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta a máis de 20 hectáreas

19/03/21 | 11:10 | C. do Medio Rural

Un total de 82 candidaturas optan este ano aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

A presente edición bateu récord de proxectos presentados, destacando un notable incremento nas categorías de mulleres, mocidade, recuperación de terras agrarias, turismo e interese social

18/03/21 | 11:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición

17/03/21 | 14:25 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por Sars-Cov-2 nunha granxa de visóns de Santiago

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da explotación, faise consonte ás normas vixentes en España de comunicación de enfermidades emerxentes

17/03/21 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Arnoia albergará o primeiro polígono cortalume da provincia de Ourense

Terá unha superficie de arredor de 60 hectáreas e localizarase dentro de montes de propiedade municipal, nos que se fomentará o cultivo de viñedo

16/03/21 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega 11 novas motobombas ao Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia

Dende o ano 2013 o Goberno galego adquiriu un total de 88 novos vehículos deste tipo, o que supón que se renovou máis da metade do parque móbil de motobombas do Servizo

16/03/21 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca case 400.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula estas subvencións, que se poderán solicitar no prazo dun mes a contar dende mañá

15/03/21 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu preto de 2 M€ na concentración parcelaria de Foxáns-Bendaña, no Concello de Touro

A superficie afectada ascende a máis de 461 hectáreas, pasado de máis de 6300 parcelas a menos de 1000 fincas, o que supuxo que a superficie media por predio se multiplicase por sete

14/03/21 | 12:35 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán amplía a súa colección de grilos ao recibir 500 novos exemplares da Asociación Biodiversidade en Galicia

Esta doazón permitiu practicamente duplicar o número de especies coñecidas en Galicia deste grupo de insectos, convertendo esta colección nunha das máis completas da nosa comunidade