Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

29/03/21 | 14:38 | C. do Medio Rural

A Xunta dota este ano dun orzamento de case 400.000€ á bisbarra de Terras de Pontevedra para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Barro ten consignados para este exercicio 37.828€ deste programa e supervisa a actuación realizada en Faxil e Cancela coa anterior convocatoria, na que se investiron preto de 33.000€

29/03/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Estabilizado un lume no concello ourensán de Viana do Bolo (Pradorramisquedo) que supera as 20 hectáreas de superficie e que tamén afecta territorio zamorano

29/03/21 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta dá por rematada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos de propiedade a máis de 260 veciños

A Consellería destinou algo máis de 1,5 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie de 435 hectáreas

29/03/21 | 11:02 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane

Segundo novas medicións, o lume afecta 28,5 hectáreas, das cales 22 son de monte raso e 6,5 de arborado

29/03/21 | 08:57 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta unhas 20 hectáreas

27/03/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración e coordinación en materia de incendios forestais coa Unidade Militar de Emerxencias

O director xeral de Defensa do Monte mantivo unha xuntanza de traballo co tenente coronel de infantería do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME

26/03/21 | 13:57 | C. do Medio Rural

A Xunta actuará en 24.000 hectáreas para conservar e poñer en valor o castiñeiro dentro do Plan forestal de Galicia 2020-2040

José González recalcou que o principal obxectivo destas iniciativas é impulsar a multifuncionalidade e biodiversidade dos montes galegos

26/03/21 | 11:32 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu 1,7 M€ na parcelaria de Niñodaguia, en Baltar, que supuxo a reorganización dunhas 570 hectáreas

Un total de 180 propietarios víronse beneficiados desta reestruturación, que permitiu multiplicar por seis a superficie media das parcelas resultantes

25/03/21 | 18:28 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por impulsar o sector agroalimentario desde a sustentabilidade, a transformación dixital e a innovación

José González destacou que será o propio sector o que propoña diferentes proxectos tractores e transversais ao amparo da Manifestación de interese de proxectos autonómicos convocada onte pola Xunta e aberta ata o 16 de abril

25/03/21 | 17:29 | C. do Medio Rural

A Xunta defende unha xestión sustentable das dexeccións gandeiras que teña en conta as particularidades de Galicia

José Balseiros debullou as medidas do Goberno galego neste eido, como son as axudas para a adaptación do sector, o impulso ao centro de economía circular, o plan de pastos ou a mellora da base territorial das explotacións coa lei da terra