Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

01/04/21 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, por proximidade do lume ao lugar de Portela, parroquia de Gundriz, do concello limítrofe de Samos

31/03/21 | 19:46 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle

Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas

31/03/21 | 16:45 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas

31/03/21 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte “Salto do Cabalo” de Riós no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

En concreto, inscribiranse máis de 17 hectáreas deste monte de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Progo, situado no concello ourensán de Riós

30/03/21 | 18:26 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta anima ás pemes do sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da covid-19

A Consellería do Medio Rural vén de lanzar a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, que tamén contribuirá a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego

30/03/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte "Santa Juliana" da Fonsagrada no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

En concreto, inscribiranse case 46 hectáreas deste monte de titularidade da Sofor homónima, situado no concello lucense da Fonsagrada

30/03/21 | 10:17 | C. do Medio Rural

A Xunta destina tres millóns de euros para as axudas de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia na convocatoria de 2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, cuxo obxectivo é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas

29/03/21 | 17:53 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 17,43 hectáreas de monte raso en Galicia

29/03/21 | 14:52 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,30 h de hoxe

Controlado o lume no concello ourensán de Viana do Bolo (Pradorramisquedo) que supera as 20 hectáreas de superficie e que tamén afecta territorio zamorano