Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/04/21 | 10:23 | C. do Medio Rural

A Xunta cede case 40 tractores, rozadoiras e trituradoras a concellos das catro provincias para contribuír á xestión da biomasa para previr lumes e á limpeza dos camiños e estradas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula esta cesión en propiedade a un total de 11 concellos e a dúas mancomunidades de municipios

06/04/21 | 09:10 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

05/04/21 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que preto do 70% da superficie do Concello do Pino xa está concentrada, tras rematar a parcelaria de Budiño

A Consellería destinou preto de 1,4 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie dunhas 700 hectáreas

04/04/21 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 90.000 € a mellorar as infraestruturas rurais do Concello do Bolo

No encontro puxéronse de relevo os traballos subvencionados polo Goberno galego nas últimas convocatorias do PIR e do Plan Marco por un valor próximo aos 55.000 euros, así como outros case 34.000 euros consignados este ano

03/04/21 | 09:49 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola xestión sostible e pola certificación forestal dos montes galegos para avanzar cara á descarbonización e facer fronte ao cambio climático

José Luis Chan trasladou o compromiso do Goberno galego coa xestión forestal sustentable e activa, no marco do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, “Cara á neutralidade carbónica”

02/04/21 | 20:00 | C. do Medio Rural

Extinguido o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 299,85 hectáreas, das cales 105 foron arboradas e 194,85 de monte raso

01/04/21 | 21:00 | C. do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

Estabilizado o lume rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que afecta a unhas 280 hectáreas

01/04/21 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Desactivada a Situación 2 no incendio rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, ao non haber perigo para núcleos de poboación

01/04/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

Controlado o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas

01/04/21 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a solta de 1,6 millóns de individuos do parasito torymus sinensis para consolidar a súa loita contra a avespiña do castiñeiro

A Consellería do Medio Rural investirá máis de 2,2 millóns de euros en 2021 para combater a praga con este método natural