Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

14/04/21 | 17:33 | C. do Medio Rural

A Xunta non aprecia un efecto chamada na plantación de eucaliptos tras anunciar a suspensión temporal das novas plantacións naquelas superficies onde non os había

José González advertiu que o Goberno galego está vixilante nesta materia e puxo en valor que entre 2016 e 2020 tramitáronse máis de 1.700 expedientes sancionadores e por riba dos 7.400 apercibimentos no ámbito forestal

14/04/21 | 12:35 | C. do Medio Rural

Galicia recibirá unha inxección de fondos ao PDR de 420 millóns de euros de gasto público total para executar ata o ano 2025

O importe incorporado procede da ampliación do prazo de execución do PDR Galicia e da incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación (EURI) destinados ao desenvolvemento rural

13/04/21 | 18:54 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha a próxima semana formación especializada en xestión empresarial para os gandeiros ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego

Destacou o sistema de estudo de custos de produción que permitirá reforzar a posición dos produtores coas industrias, a futura marca Leite de pastoreo e a operación entre a sociedade gandeira Leite Noso e o grupo chinés Oviganic

13/04/21 | 10:13 | C. do Medio Rural

A Xunta reparte 200.000 euros entre 10 asociacións de criadores para fomentar as razas autóctonas galegas

O DOG publica hoxe a resolución coas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2021 para modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal, así como para garantir a rendibilidade das explotacións

12/04/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do Interreg

O vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e valorou a colaboración institucional que fixo posible esta iniciativa

11/04/21 | 09:06 | C. do Medio Rural

A Xunta completa a formación do alumnado do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural con prácticas nos distritos

Durante este último trimestre do curso, os alumnos dos centros de Sergude, Lourizán e Becerreá desenvolverán diversas actividades dirixidas á mellora dos seus coñecementos e á aplicación práctica do xa adquirido

10/04/21 | 09:06 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 30 de abril o prazo para que as pemes do sector primario e agroalimentario galego presenten iniciativas para facer fronte aos efectos da covid-19

Os directores xerais da Consellería do Medio Rural mantiveron diversos encontros esta semana para dar a coñecer a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos e, ante o interese amosado, decidiuse ampliar o prazo de solicitude

09/04/21 | 14:04 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega material de prevención de incendios a veciños de Lobios nunha iniciativa que se estenderá por toda Galicia

A finalidade desta medida é fomentar a participación cidadá nas tarefas de xestión da biomasa para anticiparse aos lumes

09/04/21 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Ourense reforzan a súa colaboración en materia de prevención de incendios forestais

José González agradeceu novamente esta colaboración institucional e aproveitou a ocasión para enxalzar a intervención de medios municipais en labores de prevención e extinción

08/04/21 | 16:11 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás pequenas e medianas empresas do sector cárnico a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da Covid-19

José Luis Cabarcos lembrou que a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos permanece aberta deica o vindeiro 16 de abril, e que axudará a definir as liñas de actuación no rural galego