Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

24/04/21 | 14:32 | C. do Medio Rural

A Xunta pon á disposición das pemes do sector primario un formulario online para presentar proxectos e optar a fondos europeos, especialmente para aumentar a súa base territorial

A Xunta facilita os trámites para que os interesados poidan presentar proxectos ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, deseñado polo Goberno central

23/04/21 | 14:25 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia o crecemento da agricultura ecolóxica e valora a súa consolidación como tendencia de consumo tamén en Galicia

O Goberno galego mantén a súa aposta polo crecemento do ecolóxico a través de diferentes liñas de traballo centradas na calidade e en medidas legais como as futuras leis de recuperación da terra agraria e da calidade alimentaria

23/04/21 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega 550 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Fanoi, dando así por rematados todos os procesos no concello de Abadín

Investíronse 1,8 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie dunhas 650 hectáreas

22/04/21 | 15:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
22/04/21 | 14:44 | C. do Medio Rural

Iñaki Bretal amosa ao alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo a cociña elaborada a partir da esencia do excelente produto galego

50 de alumnos e alumnas participaron en dous talleres coordinados polo cociñeiro do ‘Eirado da Leña’

22/04/21 | 13:33 | C. do Medio Rural

A Xunta cede 5.000 plantas de piñeiro á asociación Amicos para recuperar 5 hectáreas dun monte veciñal de Rianxo

A directora xeral de Desenvolvemento Rural participou hoxe na actividade de repoboación, que ten como principais obxectivos restablecer a masa arbórea nunha zona afectada polo lume e fomentar a multifuncionalidade do monte

22/04/21 | 11:40 | C. do Medio Rural

A Xunta valora organizar máis edicións do curso sobre xestión empresarial para gandeiros tras o éxito da primeira, na que se cubriron todas as prazas dispoñibles

A iniciativa intégrase na Estratexia de Dinamización do Lácteo e persegue, entre outros fins, facilitar aos participantes ferramentas útiles no campo do control e xestión de custos e cara ás negociacións sobre o prezo do leite

21/04/21 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta dota este ano dun orzamento de máis de 200.000€ á bisbarra do Baixo Miño para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Oia ten consignados para este exercicio 41.652€ deste programa e supervisa a actuación realizada nas Gandarelas e As Amadas coa anterior convocatoria, na que se investiron 37.000€

21/04/21 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás adegas a participar na nova edición das catas de viños, augardentes e licores de Galicia 2021

O director xeral anunciou a nova categoría de premios ao “mellor deseño da botella e etiquetaxe”, que premiará o envase e o etiquetado máis innovador e creativo

19/04/21 | 13:33 | C. do Medio Rural

A Xunta concede 1,5 millóns de euros a un total de 75 beneficiarios para financiar o coidado de plantacións forestais subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria para 2021 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader nos anos 2016, 2017 e 2018