Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

26/10/22 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Consello Regulador de Carne de Vacún de Galicia activan dende hoxe a campaña de promoción da Ternera Gallega Suprema a nivel nacional cun investimento de 1,4 M€

O Goberno galego investirá en 2023 preto de 5,5 M€ na promoción dos produtos agroalimentarios de Galicia, para apoiar a presenza destas producións de calidade en feiras, fomentar ciclos curtos con soportes como internet, impulsar o labor de promoción dos consellos reguladores e desenvolver máis campañas promocionais
 

25/10/22 | 17:45 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as axudas da PAC e as de plans de mellora e incorporación de mozos para contribuír ao futuro do agro galego

José Balseiros recordou que o Goberno galego volveu convocar este ano unha liña de anticipos para adiantar aos agricultores e gandeiros galegos no verán uns 200 millóns de euros das achegas da PAC

25/10/22 | 16:08 | C. do Medio Rural

A Xunta ten aprobado ou en proceso de aprobación máis de 18 M€ para aumentar as plantacións, a silvicultura e a xestión ordenada das masas de coníferas e frondosas galegas

José González destacou que o vindeiro ano habilitaranse novas liñas de axudas por un importe de 11 millóns de euros para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais

24/10/22 | 16:17 | C. do Medio Rural

A Xunta participa nun acto a prol da divulgación no uso da madeira entre os máis cativos

Trátase da presentación dun novo libro infantil titulado ‘Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar’ que pon en valor o uso da madeira

23/10/22 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará a vindeira semana o II Encontro de Galicia Etiqueta Calidade para poñer en valor as producións con selo diferenciado

Haberá diferentes presentacións, como a da nova campaña de promoción de Terne-ra Gallega Suprema para fomentar o consumo desta carne entre a poboación

23/10/22 | 11:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que as agrupacións de xestión conxunta da Lei de recuperación da terra contribuirán decisivamente a poñer en valor o monte

José Luis Chan lembrou que os vindeiros meses serán “fundamentais” para dar impulso a esta figura, que persegue fomentar unha xestión agrupada e sustentable dos montes, coa fin de recuperalos e poñelos en valor

22/10/22 | 14:49 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial da Unión Europea publica a solicitude de rexistro da indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia

A partir de agora, ábrese un período de oposición de dous meses a nivel da Unión Europea e, se non hai ningunha alegación, este selo quedará rexistrado de forma definitiva

21/10/22 | 16:09 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos agricultores e aos operadores de industrias de penso animal das oportunidades de cultivo de chícharos bravos

Trátase dun cultivo que mellora a estrutura e a microbioloxía do solo, así como a infiltración de auga, e que fixa nitróxeno atmosférico