Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

03/05/21 | 18:01 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en valor 235 hectáreas de terreo en Pontevedra na segunda fase do Plan de pastos cun investimento de 1,4 M€

Para toda Galicia, esta segunda fase está dotada con 4 millóns de euros, que permitirán actuar en arredor de 744 hectáreas de 30 montes veciñais en 24 concellos

03/05/21 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas do Plan Leader cun orzamento de 13 millóns de euros para 2021 e 2022 co fin de dinamizar o agro galego a través dos 24 grupos de desenvolvemento rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural

03/05/21 | 10:25 | C. do Medio Rural
02/05/21 | 11:41 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración co concello de Mañón para a prevención e defensa contra os incendios forestais

No ano 2021 Mañón beneficiarase dunha achega, por parte da Xunta, de case 79.000 euros no marco do convenio anual entre a Consellería e os municipios galegos para a loita fronte o lume

01/05/21 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta transferirá ao longo do mes de maio máis de 17 millóns de euros das axudas directas da PAC, aboando así o 100% das subvencións da convocatoria 2020

Galicia foi das primeiras comunidades autónomas que pagou anticipos das axudas da PAC no mes de outubro, por un montante de 38 millóns de euros

30/04/21 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu 2,2 millóns de euros na parcelaria de Maceda-Orois, no Concello de Melide, que hoxe se dá por rematada coa entrega dun millar de títulos de propiedade

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de algo máis de 1.000 hectáreas, duplicouse a superficie media das parcelas resultantes

28/04/21 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta rematará o vindeiro ano catro parcelarias en Cartelle que reorganizarán 4.000 hectáreas de 3.700 propietarios

Trátase dos procesos das zonas de Cartelle, Mundil, San Tomé e Vilar de Vacas, que suporán un investimento conxunto de preto de 14 millóns de euros

28/04/21 | 10:13 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 15 de maio o prazo para solicitar os máis de 205 millóns de euros convocados ao abeiro das axudas da PAC

Deste montante global, 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control

26/04/21 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta enviará nos vindeiros días un carriño de cultivo cos seus complementos a 107 centros escolares de Galicia

Está dotado con regador, pa, anciño, substrato e sementes de froitas e verduras, para que o propio alumnado aprenda a plantar diversos produtos vexetais

25/04/21 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta promove por segundo ano consecutivo a campaña 'Come local' nos comedores escolares galegos no marco da canle Mercaproximidade

Ata o vindeiro 31 de outubro, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) impartirá formación e asesoramento aos responsables de comedor