Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

09/05/21 | 12:32 | C. do Medio Rural

Un total de 984 traballadores fixos descontinuos do operativo de prevención e defensa contra os incendios forestais de medio rural incorporaranse mañá ao servizo activo

Esta incorporación do persoal de seis meses faise efectiva todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas

08/05/21 | 11:30 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza os programas de vixilancia e control entre os seus veterinarios oficiais e os adscritos ás asociacións de defensa sanitaria gandeira

Na xuntanza analizáronse os resultados obtidos no 2020 e presentáronse os programas que se van desenvolver nos anos 2021 e 2022 para a vixilancia e control de certas enfermidades

07/05/21 | 16:05 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
07/05/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración co Ligal para a realización anual de 1,5 millóns de analíticas de mostras de leite nos vindeiros catro anos

A Consellería do Medio Rural destina para estas actuacións un total de dous millóns de euros no período 2021-2024

07/05/21 | 10:59 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do "monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba" e "monte Oural e Costa" do concello de Beariz no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

En concreto, inscribiranse 51,26 hectáreas destes montes de titularidade das comunidades de montes veciñais en man común de Alvite e de Lebozán e Busto

06/05/21 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta anima a mocidade galega a aproveitar as oportunidades que ofrece a formación agroforestal para a inserción laboral

José Luis Cabarcos destacou tamén a importancia desta oferta formativa para a permanente posta ao día dos profesionais do agro e lembrou que nos últimos cinco anos recibiron formación regrada no eido rural un total de 1.886 alumnos

05/05/21 | 17:35 | C. do Medio Rural

A segunda fase do Plan de Pastos recolle actuacións en 11 pasteiros da provincia de Lugo cun investimento de 732.000 € e labores en 172 hectáreas

Estes traballos complementan a prevención de incendios na que a Xunta vai investir este ano preto de 30 millóns de euros para actuar en 58.000 hectáreas e nuns 5.000 quilómetros de pistas e outras vías de comunicación de toda Galicia

05/05/21 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta anima á xente moza a estudar o Grao de aproveitamento e conservación do medio natural do CFEA Pedro Murias de Ribadeo ofrecendo a FP dual como garantía de inserción laboral

O Grao medio -que se implantou este curso no CFEA- supuxo inaugurar o Polo de formación forestal da Mariña, xa que a iniciativa xa se impartía no IES San Rosendo de Mondoñedo

05/05/21 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición dos montes “Serra Malveda, Caprada e Galegas” en Rubiá no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

Trátase duns montes de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Oulego, Sierra Malvela, Caprada e Galegas

04/05/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou 50.000 euros á reforma e rehabilitación do mercado municipal do Rosal

Inés Santé destacou que este labor enmárcase na “recuperación no mundo rural, na colaboración administrativa e no futuro verde”