Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

14/05/21 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 20.000 euros a promocionar a reserva da biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" como primeiro destino de ecoturismo certificado da nosa comunidade

A Axencia de Turismo de Galicia, dependente da Vicepresidencia primeira da Xunta, financia o 80% da campaña promocional, mentres a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aporta o restante 20%

13/05/21 | 12:25 | C. do Medio Rural

O laboratorio de sanidade animal de Mabegondo realizou en 2020 un 15% máis de ensaios que no 2019 ata chegar a case 295.000

A maioría das probas corresponderon aos programas das asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) e o resto ás relacionadas coas campañas de saneamento gandeiro

13/05/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta abrirá proximamente o proceso de selección dos interesados en traballar as parcelas da aldea modelo do Penedo en Boborás

Na reunión tamén se acordou avaliar a implantación doutras figuras contempladas na recentemente aprobada Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, como a dos polígonos agroforestais

12/05/21 | 20:05 | C. do Medio Rural

A Xunta recibiu arredor de 640 proxectos de pequenas e medianas empresas do sector primario e agroalimentario galego para optar a fondos europeos

Lembrou que, debido á gran demanda existente no sector, a Consellería decidiu ampliar ata o 14 de maio o prazo para presentar estes proxectos

12/05/21 | 11:09 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Nogueira de Ramuín apostan pola recuperación de soutos para diversificar a actividade económica

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia tamén impulsará figuras de mobilización de terras que fomentarán actuacións de xestión conxunta

12/05/21 | 10:23 | C. do Medio Rural
11/05/21 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Xunta agradece a implicación dos grupos parlamentarios na mellora da Lei de recuperación da terra agraria e comprométese a acertar na súa aplicación

José González fixo unha intervención de agradecemento aos grupos polas súas achegas ao texto, que definiu como moi traballado e froito do consenso

10/05/21 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a calidade dos produtos agroalimentarios galegos con clases maxistrais e charlas divulgativas ao abeiro dunha iniciativa educativa entre a nosa comunidade e Euskadi

A acción da Agacal enmárcase nun proxecto colaborativo entre o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e a Escola de Hostalaría e Turismo Gamarra de Vitoria, que levan anos facendo intercambios e compartindo prácticas pedagóxicas

09/05/21 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza mañá a fase de recollida de mostras das catas dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2021

O persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria prevé recoller preto de 450 mostras de viños dunhas 180 adegas e outra trintena procedentes da indicación xeográfica de augardentes e licores tradicionais