Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

24/05/21 | 11:45 | C. do Medio Rural

A Xunta creará unha nova unidade de elite para a investigación de incendios forestais na vindeira tempada de alto risco

O conselleiro do Medio Rural salientou tamén a incorporación de melloras tecnolóxicas como a implantación de novas funcionalidades para o cálculo dos custos de extinción ou a instalación de 22 novas cámaras de vixilancia no monte

23/05/21 | 10:29 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a zona de Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga, como nova aldea modelo de Galicia

Neste caso, a iniciativa servirá para poñer en valor unha superficie de 14,15 hectáreas deste núcleo de poboación, distribuídas en 269 parcelas de 38 propietarios

23/05/21 | 10:23 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a zona de Pedrosa, no concello ourensán de Riós, como nova aldea modelo de Galicia

Neste caso, a iniciativa servirá para poñer en valor unha superficie de 67,45 hectáreas deste núcleo de poboación, distribuídas en 922 parcelas de 164 propietarios

22/05/21 | 11:05 | C. do Medio Rural

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o vindeiro xoves en Castrelo de Miño un obradoiro sobre xestión das empresas vitivinícolas

Os interesados poderán inscribirse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural ou do portal da Evega

21/05/21 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Lei de recuperación da terra agraria facilitará superficie a quen a desexe traballar dando seguridade xurídica e rendibilidade a propietarios e interesados no seu aproveitamento

José González destacou que o fin que se persegue é poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións existentes que a precisan

21/05/21 | 12:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 130.000 euros á implantación do centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla en Moeche que se centrará na transformación agroalimentaria e na formación

En concreto, a Consellería do Medio Rural sufragou o proxecto de execución básico da rehabilitación dunha nave para facer realidade este Centro, así como parte das obras a través da medida Leader

21/05/21 | 10:18 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria anima ao persoal investigador a inscribirse nas súas listas de contratación para participar nos proxectos que desenvolve nos seus centros

O DOG publica hoxe a resolución pola que se establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas da Agacal para a contratación temporal de persoal investigador

20/05/21 | 17:30 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 340.000 euros da medida Leader a dinamizar a economía da Mariña lucense mediante o impulso do turismo e do tecido produtivo local

No marco da visita, Inés Santé tamén estivo nunha carpintería metálica e nunha casa de turismo rural que recibiron achega da Consellería do Medio Rural

20/05/21 | 13:51 | C. do Medio Rural

Galicia reclama equidade na definición das superficies con dereito ao cobro da PAC na revisión destas políticas europeas

José González esixiu ao ministro de Agricultura un trato equitativo con respecto a outras comunidades mediterráneas ás que se lles vai solucionar este déficit coa incorporación das froiteiras á superficie susceptible de percibir axudas