Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

27/05/21 | 10:04 | C. do Medio Rural

O DOG publica a modificación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Vilatuxe, no concello pontevedrés de Lalín

En virtude da modificación, cédeselle ao Concello de Lalín a titularidade de seis parcelas, para equipamentos colectivos ou outros fins de interese xeral

26/05/21 | 18:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organizará a vindeira semana dúas novas accións formativas para os gandeiros no marco da Estratexia do sector lácteo

José González anunciou que estes novos cursos, que terán lugar en Boqueixón e Ribadeo, faranse como consecuencia do éxito acadado na primeira convocatoria

26/05/21 | 15:29 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o Pladiga 2021 que contará con catro novas brigadas helitransportadas, cunha unidade de investigación de lumes e con máis cámaras de vixilancia ata cubrir preto do 70% do territorio

Feijóo salienta que se disporá dun operativo composto por: 7.000 persoas; 378 vehículos motobomba e modernizarase o parque móbil do Servizo autonómico, coa compra de 6 motobombas

26/05/21 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a canle Mercaproximidade continúa activa e segue incorporando novos produtos agroalimentarios aos establecementos das dez cadeas de distribución adheridas

José Balseiros lembrou que máis de 450 industrias e produtores galegos se incorporaron a esta rede creada ao comezo da pandemia da covid-19 para proporcionar alternativas de comercialización ante as restricións sanitarias

26/05/21 | 10:16 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria de Oleiros, no concello pontevedrés de Silleda

Este paso implica que están rematados os trámites relativos á identificación dos propietarios, á determinación exacta da superficie e á clasificación das terras

26/05/21 | 09:59 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de varios montes dos concellos ourensáns da Arnoia e Leiro no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

En concreto, inscribiranse 38,1 hectáreas no municipio da Arnoia e outras 50,93 ha na localidade de Leiro

25/05/21 | 19:42 | C. do Medio Rural

A Xunta amosa ao seu apoio á empresa de embutidos de Vilalba afectada por un incendio esta fin de semana

José González puxo de relevo o dispositivo despregado para atallar o lume dende o primeiro momento, co obxectivo de minimizar os danos para que a empresa poida retomar a actividade o máis axiña posible

25/05/21 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama consenso político sobre a futura PAC do mesmo xeito que xa existe esa sintonía co sector galego e coas comunidades cantábricas

Galicia defende un modelo de axudas directas que dea prioridade ás pequenas e medianas explotacións profesionais e que atenda á realidade do Norte de España

25/05/21 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o inventario forestal continuo para avanzar cara a un monte innovador, sustentable e xestionado activamente ao abeiro do Plan forestal de Galicia 2021-2040

José González sinalou que o Inventario permitirá contar cun sistema de monitorización propio das masas forestais que constitúen o monte galego e da súa evolución