Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

31/05/21 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta mellora os camiños municipais do Rial e da Toxa, no concello de Pontecesures, para favorecer a seguridade viaria e a súa conexión interior e co casco urbano

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Manuel Vidal Seage, supervisan esta actuación, na que se investiron 25.000€ do Plan Marco 2019-2020

30/05/21 | 15:26 | C. do Medio Rural

Inés Santé pon en valor o aceite de Quiroga e a aposta deste concello lugués polos produtos agroalimentarios de calidade como clave para a potenciación do rural

A directora xeral visitou os postos dos seis colleiteiros que participan nesta edición da Mostra, declarada de interese turístico

29/05/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a preparación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ante lumes de nivel 1 que afectan a grandes masas forestais

Esta semana leváronse a cabo senllos simulacros en Santiago e Padrón, para comprobar as capacidades do dispositivo en lumes que afectan de xeito importante ao monte ademais de poder poñer en risco ás persoas e bens

28/05/21 | 19:40 | C. do Medio Rural

A Xunta defende o carácter propio e distintivo dos viños do Ribeiro e pon en valor a súa calidade, personalidade e respecto á tradición

José González reiterou o apoio do Goberno galego ao sector vitivinícola, que se materializará na Estratexia de dinamización deste eido produtivo, así como en diferentes liñas de axudas e no respaldo ao traballo dos consellos reguladores

28/05/21 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu preto de 118 M€ nos últimos dez anos para apoiar a mellora de camiños de titularidade municipal no rural

Así o trasladou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, quen salientou ademais que se destinaron outros case 18 millóns de euros nos últimos cinco anos dentro dos plans de infraestruturas rurais

28/05/21 | 09:57 | C. do Medio Rural

Case 4.000 gandeiros e agricultores galegos recibiron da Xunta preto de 15 millóns de euros polas axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2020

O DOG publica hoxe a resolución que permite consultar os beneficiarios destes pagos e os importes concedidos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural

28/05/21 | 09:38 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca hoxe as axudas para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura, que duplicarán o orzamento do ano pasado ascendendo aos 1,3 M€

O DOG publica hoxe a orde que contempla un presuposto inicial próximo aos 725.000 euros, que virá seguido dunha ampliación orzamentaria

27/05/21 | 18:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural propón a creación dunha Comisión interdepartamental da Xunta e o Estado para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia

José González trasladou aos alcaldes que a Consellería xa ten moi avanzado o borrador do Plan estratéxico do sector agrario da bisbarra e pediulles as súas achegas para mellorar no posible este documento

27/05/21 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a formación orientada á xestión empresarial como fórmula para impulsar o agro galego

O éxito desta iniciativa formativa propiciou a súa continuidade, con dous novos cursos que comezarán a semana que vén no propio Pazo de Quián e no CFEA Pedro Murias de Ribadeo

27/05/21 | 14:21 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición