Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

16/06/21 | 16:13 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta a nova plataforma de estatística forestal nunha xornada virtual dirixida ao sector

A plataforma dixital está orientada a que os cidadáns poidan crear os seus propios anuarios estatísticos

16/06/21 | 14:33 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao futuro centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais, no pazo de Quián, como un espello da Galicia rural, viva, próspera e verde “na que cremos”

Subliña que as 100 hectáreas que envolven o complexo conciliarán as visións dun territorio ordenado, coidado e fértil en produtos de calidade

16/06/21 | 11:51 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza a tecnoloxía e a dixitalización como pezas clave no futuro do medio rural galego

Inés Santé puxo en valor varios proxectos tecnolóxicos que desenvolve a Consellería do Medio Rural en canto á ordenación e xestión do territorio

16/06/21 | 09:57 | C. do Medio Rural

A Xunta e Oviganic Ibérica impulsan o sector ovino e cabrún en Galicia coa sinatura dun acordo para a compra do leite que produza este gando na nosa comunidade

O Goberno galego e a empresa lucense comprométense a traballar para incrementar o número de explotacións de ovino e de cabrún na nosa comunidade e para asegurar a viabilidade dos proxectos de industrialización asociados, apostando pola transformación estable en Galicia

15/06/21 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta anima á sociedade galega a apostar pola formación regrada e continua do eido agroforestal para avanzar na reactivación do noso rural

O Goberno galego ofertará 271 prazas novas nos 11 ciclos medios e superiores dos seus CFEA o vindeiro curso, así como 626 accións de formación continua cun investimento superior ao millón de euros neste 2021

15/06/21 | 08:56 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, parroquia de Uma

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 352 hectáreas

14/06/21 | 19:34 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Extinguido o lume de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que afectou 185 hectáreas

14/06/21 | 13:53 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanecen controlados os incendios rexistrados en Salvaterra de Miño (Uma) e Folgoso do Courel (parroquia homónima) con superficies afectadas de 350 e 160 hectáreas, respectivamente

14/06/21 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu preto de 5,3 millóns de euros na parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá, no concello de Ferrol, que hoxe se dá por rematada coa entrega de títulos de propiedade

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie dunhas 2.000 hectáreas, case se quintuplicou a superficie media das parcelas resultantes