Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

24/06/21 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta achegará máis de 123.000 euros a un proxecto de colaboración para a mellora xenética do porco celta co fin de potenciar a competitividade desta raza

Así o avanzou hoxe o director da Agacal, José Luis Cabarcos, nunha visita a unha explotación de porco celta en extensivo no concello lugués de Friol, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias

24/06/21 | 11:43 | C. do Medio Rural

Galicia acadou os 9 millóns de metros cúbicos de madeira aproveitada en 2020

Trátase dun dato que pode atoparse na nova plataforma web da Xunta de Galicia, que permite obter información do sector forestal da comunidade e crear series históricas de datos

23/06/21 | 14:26 | C. do Medio Rural

Xunta, Estado e administración local coordínanse na loita contra o lume

O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos ao comezo da campaña, é o deseño de actuacións conxuntas entre Xunta, Goberno central e Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

23/06/21 | 12:44 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de tramitar o pagamento anticipado da anualidade 2021 das axudas do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeu o pagamento anticipado do 50 % das axudas a 180 concellos por un importe total de máis de 4 millóns de euros

23/06/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso de formación para a extinción de incendios no que participan 536 xefes de brigada e peóns condutores

A formación está enfocada ás manobras para o manexo de auga, retardantes, emprego de lume técnico e tácticas asociadas a un escenario múltiple que recolla tanto a interface forestal como a rural ou a urbana

22/06/21 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía en Bueu un centro psicopedagóxico que se beneficiou dunha axuda Leader de máis de 16.500 euros

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou esta tarde o centro

22/06/21 | 16:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o laboratorio de sanidade e produción animal de Galicia aumentou máis dun 5% as súas determinacións en 2020 prestando apoio por mor da covid-19

José Balseiros puxo de relevo a colaboración co Servizo Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade para a detección do SARS-Cov-2 en mostras de pacientes humanos, así como a posta a punto das probas en animais, especialmente útil no caso dos visóns

22/06/21 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos Grupos de Desenvolvemento Rural a adherirse á Rede de Dinamización Lingüística polo seu papel dinamizador do territorio

Inés Santé aludiu ao afán do Goberno galego por promocionar a nosa lingua, fomentar a cultura nas súas diferentes modalidades, apoiar aos creadores da comunidade e facer por que o seu traballo poida chegar á maior parte da poboación do rural

21/06/21 | 14:59 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, foi a encargada de presidir esta mañá a presentación do manual nun acto celebrado en Outeiro de Rei

21/06/21 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta eleva ata os 6,7 M€ o orzamento destinado ás primeiras axudas convocadas para impulsar a boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común

Coa finalidade de atender a ampla demanda xerada por esta primeira convocatoria, o presuposto para estas achegas increméntase nun total de 5,2 millóns de euros, permitindo case quintuplicar os 1,5 millóns iniciais publicados o pasado mes de febreiro