Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/07/21 | 14:02 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo que a aplicación Conta Láctea permitirá aos gandeiros mellorar a xestión das súas granxas para reforzar a súa posición negociadora

O conselleiro apuntou que esta app -deseñada pola Xunta e pola Fundación Juana de Vega- se porá proximamente a disposición dos produtores para que comparen os seus custos coa media do sector e poidan mellorar a negociación dos prezos do leite

05/07/21 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará máis de 52.000 euros á mellora de camiños municipais de Monterroso

Así llo confirmou o conselleiro do Medio Rural ao tenente de alcalde deste concello lucense, con quen mantivo unha xuntanza de traballo

04/07/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta ten aboado preto de 167 millóns a case 26.000 agricultores e gandeiros galegos beneficiarios das axudas directas da PAC 2020

A meirande parte das achegas transferidas correspóndense co pago básico, seguidas das subvencións para o vacún de leite e das relativas ao pagamento verde

02/07/21 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns de Oza-Cesuras

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da granxa, faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

02/07/21 | 14:36 | C. do Medio Rural

A Xunta triplicará o orzamento para preparar as estratexias do período 2023-2027 da medida Leader

Así o anunciou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre este asunto

01/07/21 | 13:45 | C. do Medio Rural
01/07/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta licita os servizos técnicos das cinco reestruturacións parcelarias decretadas no que levanos de ano por importe de 1,4 M€

Estes traballos de colaboración son necesarios para poder comezar os traballos nas cinco parcelarias decretadas no que levamos de ano e seguir avanzando noutras tantas concentracións

01/07/21 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de parte do Monte da Ferrería do concello ourensán de Montederramo no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

Inscribiranse un total de 32,7 hectáreas compostas por bidueiros como especie principal, acompañada de carballo (Quercus robur) e ameneiro (Alnus glutinosa)

30/06/21 | 19:38 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía a súa rede de vixilancia forestal para ter controlado o 70% do territorio galego e anticiparse aos incendios na nosa comunidade

O conselleiro do Medio Rural puxo en valor a consolidación desta rede de vixilancia, coa instalación de 22 novas cámaras ata un total de 142 dispositivos

29/06/21 | 14:06 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén salienta as medidas preventivas da Xunta contra os incendios forestais

Gabriel Alén destacou que na provincia de Ourense estanse a construír 52 novos puntos de auga, que fan un total de 222 novos depósitos en toda Galicia por un importe de máis de 2,2 millóns de euros