Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

14/07/21 | 19:55 | C. do Medio Rural

A Xunta acada o compromiso do Goberno central de regularizar as superficies de Galicia con dereitos de axuda da PAC

Desta forma, conséguese un compromiso dunha reclamación histórica da nosa Comunidade que permitirá que agricultores e gandeiros que teñen superficies elixibles poidan percibir axudas por estes terreos

14/07/21 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta márcase como liña vermella nas negociacións da nova PAC garantir o mesmo volume de fondos para Galicia que no anterior período

A prioridade do Goberno galego é aproximar o novo modelo o máximo posible ao da agricultura e a gandaría da Cornixa Cantábrica, con explotacións pequenas e medianas familiares e profesionais, fronte á orientación “mediterránea” que sostén o Ministerio

14/07/21 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía en máis de 575.000 euros as axudas para a mellora da producción e comercialización dos produtos da apicultura

O DOG publica hoxe a orde na que se contempla esta ampliación orzamentaria, elevando finalmente o importe global das axudas a preto de 1,3 millóns de euros

13/07/21 | 21:05 | C. do Medio Rural

A Xunta demanda ás deputacións unha maior implicación na loita contra os incendios forestais

O conselleiro destacou que a única deputación que está a asumir as súas competencias en materia de lumes é a da provincia de Ourense, xa que o resto leva máis dun ano aprazando unha primeira reunión de coordinación

13/07/21 | 20:39 | C. do Medio Rural

A Xunta reúne ao comité de avaliación que se encargará de decidir as mostras de deseño gañadoras das Catas de Galicia 2021

No marco desta nova categoría, presentáronse 115 candidaturas para viños e nove para augardentes, que optan ao Acio de Ouro ao Mellor Deseño dos viños e ao Pote de Ouro ao Mellor Deseño das augardentes e licores tradicionais respectivamente

12/07/21 | 15:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Arnoia avanzan no traballo para a posta en marcha de dous polígonos agroforestais

Na reunión, a directora e o rexedor do municipio progresaron na consolidación destas propostas por medio da investigación da propiedade e da definición dos seus perímetros

10/07/21 | 12:30 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Sanidade

Galicia pasa a formar parte do proxecto europeo New Bauhaus

A incorporación a esta iniciativa europea dará lugar a novos espazos sostibles na contorna dos centros sanitarios galegos, contribuíndo á humanización do seu servizo

10/07/21 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta forma a unha trintena de gandeiros no control mecánico das malas herbas na produción de millo forraxeiro en ecolóxico

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, a través Axencia Galega da Calidade Alimentaria, foi o encargado de levar a cabo o curso

09/07/21 | 23:31 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o seu compromiso a prol do sector do viño con medidas como a Estratexia sectorial ou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

José González destacou na súa intervención o carácter, a diversidade e a calidade dos viños galegos en xeral, e dos de Valdeorras en particular e advertiu que o sector vitivinícola goza dunha posición e dun recoñecemento claves dentro e fóra de Galicia

09/07/21 | 16:55 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a importancia da colaboración público-privada para a posta en valor do sector agrario a través da Lei de recuperación da terra

José González destacou a utilidade desta norma para mobilizar terreos forestais baixo as premisas de recuperación e de prevención