Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

18/07/21 | 12:55 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

18/07/21 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende mañá en Friol un curso de iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Trátase da primeira edición desta iniciativa que se desenvolverá en diferentes concellos da nosa comunidade

18/07/21 | 12:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre estratexias de marketing para potenciar o valor das marcas comerciais no ámbito agroalimentario

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, a iniciativa está previsto que se desenvolva no pazo de Quián -en Boqueixón- os vindeiros días 23 e 24 de xullo

18/07/21 | 10:02 | C. do Medio Rural

Permanece activo o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

17/07/21 | 19:00 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

17/07/21 | 11:59 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural anima ás empresas galegas a participar nos postos que despregará en distintas feiras do ámbito agrario

En concreto, poderán mostrar os seus produtos en Salimat Abanca, Iberflora, Fruit Attraction, Salón Gourmets e Xantar, que se desenvolverán entre os meses de setembro e novembro

16/07/21 | 21:37 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a calidade do viño da subzona do Rosal, pertencente á denominación de orixe Rías Baixas

José Luís Cabarcos puxo en valor a paixón e o traballo que levan a cabo diariamente os viticultores, que son os verdadeiros protagonistas da calidade destes viños

16/07/21 | 14:47 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de agricultura dous focos positivos por sars-cov-2 en granxas de visóns de Negreira e Sobrado dos Monxes

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou aos titulares das granxas, faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

16/07/21 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta executará 75 hectáreas de pasteiros por preto de 200.000 euros na provincia da Coruña ao abeiro da segunda fase do Plan do pastos

En concreto, José González apuntou que se actuará nos concellos da Pobra do Caramiñal e Muros, tras os traballos levados a cabo na localidade sonense

15/07/21 | 10:47 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 1,2 millóns de euros nas axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite aos centros escolares galegos durante o curso 2021-2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria de axudas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rura
l
Beneficiará aos alumnos de infantil, primaria e secundaria (que inclúe a ESO, bacharelato e FP de grao medio) poñendo á súa disposición produtos naturais de gran calidade nutricional co obxectivo de que adquiran hábitos de consumo saudables