Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

04/11/22 | 10:57 | C. do Medio Rural

A Xunta declara de utilidade pública e de interese social seis polígonos agroforestais en Leiro, Monterrei, Paderne de Allariz, Riós, Cerdedo-Cotobade e Crecente

O DOG publica hoxe os seis decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 420 hectáreas, preto de 3.700 parcelas e máis de 1.300 propietarios

03/11/22 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os 2,6 M€ en axudas convocados este ano co gallo de impulsar a madeira como elemento estrutural na construción

Jacobo Aboal sinalou que a convocatoria asigna a meirande parte dos fondos a actuacións que se desenvolverán no vindeiro ano 2023

02/11/22 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá o ano que vén preto de 5 M€ para impulsar as plantacións de castiñeiros e a mellora dos soutos tradicionais apostando polas accións de xestión conxunta

Este importe forma parte dos 23 millóns repartidos entre 2023 e 2024 cos que se fomentarán novas plantacións de castiñeiro, accións silvícolas de prevención, primas de mantemento ou a restauración de soutos

02/11/22 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte dous cursos sobre capacitación para o persoal de granxas de gando porcino

Trátase de dous cursos semipresenciais que se celebrarán no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos a partir do vindeiro xoves 10 de novembro, o primeiro, e o venres 11 de novembro, o segundo

01/11/22 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta no congreso Egurtek 2022 de Bilbao pola construción en madeira no marco do proxecto europeo Eguralt

Con máis de 1 millón de euros de financiamento, a iniciativa comunitaria enmárcase no Programa Interreg Sudoe co gallo de buscar a aplicación e difusión da innovación para a promoción da construción en altura con madeira no sudoeste europeo

01/11/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Lugo un curso sobre a etiquetaxe dos alimentos

A acción formativa terá lugar os días 8 e 9 de novembro e levarase a cabo no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia

31/10/22 | 17:17 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén enxalza a Xantar como o escaparate dos mellores produtos gastronómicos de Galicia

O delegado territorial destacou que podemos presumir da nosa educación, da nosa cultura e da nosa riqueza gastronómica, e que mellor escaparate que Xantar para amosarlle a quen nos visitan o deleite dos nosos produtos de primeira calidade e o resultado culinario da nosa cociña tradicional e ao tempo vangardista

31/10/22 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta impulsará actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego

O obxectivo do acordo é establecer un marco de colaboración que favoreza traballos conxuntos de restauración, empregando as técnicas máis axeitadas e potenciando -ao tempo- a investigación e especialización profesional no ámbito da rehabilitación

31/10/22 | 14:34 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural contará en 2023 co orzamento máis alto da súa historia para consolidar as actuacións en materia de prevención, recuperación e calidade

Na prevención e defensa do monte, investiranse 14,9 millóns en medios do servizo antiincendios, 14,8 millóns en infraestruturas preventivas e 1,5 millóns nun novo grupo especializado na loita contra os grandes lumes forestais, entre outras accións

31/10/22 | 10:23 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 600.000 euros en axudas para realizar actividades de interese agrario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas, dirixidas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias