Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

30/07/21 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana en Mazaricos un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverase o vindeiro venres 6 de agosto no local social de Lugarnovo

30/07/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

O DOG publica o alleamento de 61 lotes de madeira por máis de 2,5 millóns de euros nunha próxima poxa pública electrónica en Lugo

O procedemento realizarase na súa totalidade de xeito telemático e ten previsto celebrarse o vindeiro 15 de setembro

30/07/21 | 10:23 | C. do Medio Rural

A Xunta forma no Incio ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverase o vindeiro martes 3 de agosto no local multiusos Cruz do Incio

30/07/21 | 10:20 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca de novo o préstamo vendima para que as adegas galegas poidan mercar toda a uva da colleita de 2021 en condicións normais de mercado

Renóvanse así, tal e como se comprometera, estes empréstitos, concibidos para que o sector vitivinícola poida seguir paliando os efectos da covid-19

29/07/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana vindeira no CFEA de Becerreá un curso de mellora xenética e selección da abella local negra autóctona galega

Concibida para profesionalizar o sector da apicultura, a iniciativa vai dirixida a persoas vinculadas coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego

29/07/21 | 10:29 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz, no concello ourensán de Rairiz de Veiga

Esta reorganización territorial afecta a unha superficie total de 1.368 ha de terreo

28/07/21 | 20:12 | C. do Medio Rural

A Xunta renova este venres o préstamo vendima para garantir a compra de uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado

O Diario Oficial de Galicia publicará a orde pola que se regula o procedemento para o recoñecemento ás adegas do dereito a empréstitos de campaña para este 2021

28/07/21 | 19:47 | C. do Medio Rural

A colaboración institucional liderada pola Xunta permitirá investir preto de 32 millóns de euros na potenciación do sector agrario da comarca da Limia

Destes cartos, uns 12 millóns de euros irán destinados a sufragar a limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos, para así mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas

28/07/21 | 13:08 | C. do Medio Rural

A Xunta forma ao sector da castaña en materia de enxertos, podas e renovación dos soutos de froito

A acción formativa, que está organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase mañá no Museo do moble e da madeira da Estrada en horario de 19:00 a 23:00 horas

28/07/21 | 11:19 | C. do Medio Rural

As parcelas e a superficie xestionada preto das vivendas dentro do convenio de protección das aldeas impulsado pola Xunta achéganse ao 70% do total

A Xunta celebra o incremento no grao de cumprimento dos particulares das obrigas de xestión da biomasa dende a entrada en vigor deste acordo coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga en 2018