Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

12/08/21 | 19:51 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas

12/08/21 | 16:35 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Calvos de Randín reforzan a súa colaboración na defensa contra incendios forestais

Nesta xuntanza púxose en valor a cooperación no marco do acordo asinado entre ambas partes para a realización de traballos preventivos e de extinción, así como o feito de que este municipio estea adherido ao convenio de protección das aldeas

12/08/21 | 16:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Ribeira Sacra reúne máis da metade da superficie demandada polas denominacións de orixe vitivinícolas para polígonos de viñedo

Esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 5.800 hectáreas de terras en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos

12/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a cooperación coas Forzas Armadas na loita contra os incendios forestais

José González destacou que a colaboración entre o Ministerio de Defensa e o Goberno galego suporá o despregamento de 30 patrullas do Exército nos montes da nosa comunidade (tres máis que o ano anterior), con misión de vixilancia e disuasión

12/08/21 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de varios montes da Lama e de Cerdedo-Cotobade no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

En concreto, inscribiranse 51,84 hectáreas compostas por carballos e bidueiros, a meirande parte delas integradas no monte Escuadra, da comunidade de montes homónima da Lama

12/08/21 | 10:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 600.000 euros en axudas para realizar actividades de interese agrario, un importe que duplica o da convocatoria anterior

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas, dirixidas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias

09/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) coordinará coas forzas e corpos de seguridade do Estado o labor investigador sobre os lumes no terreo

José González destacou as vantaxes que ofrece a UIFO para mellorar os labores de investigación, grazas á súa desvinculación das tarefas de extinción

09/08/21 | 10:20 | C. do Medio Rural

A Xunta formará a máis dunha trintena de persoas en Monforte de Lemos sobre aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios

As accións formativas, que están organizadas a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebraranse a partir do vindeiro luns 16

08/08/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

Preto de 2.000 apicultores galegos benefícianse este ano das axudas da Xunta por valor duns 1,3 millóns de euros

Estas achegas teñen como obxectivo mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

08/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre prevención de ataques de lobo á gandaría en Castro Caldelas

A acción formativa ten previsto impartirse na Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Castro Caldelas dende o 16 ata o 18 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas