Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

15/08/21 | 14:03 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza o seu apoio ao centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla de Moeche contribuíndo á súa promoción entre os produtores

A Consellería do Medio Rural xa sufragara o proxecto de execución básico da rehabilitación dunha nave para facer realidade este centro, así como parte das obras a través da medida Leader, investindo en total máis de 130.000 euros

15/08/21 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos un curso sobre tratamentos fitosanitarios ecolóxicos con drons en oliveiras

A acción formativa ten previsto impartirse o vindeiro sábado 21 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas

14/08/21 | 20:31 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 205 hectáreas, das que 190 son arboradas e o resto de monte raso

14/08/21 | 11:56 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha formación en Castro Caldelas sobre a aplicación e a manipulación de produtos fitosanitarios

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrarse a partir do vindeiro venres día 20

14/08/21 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta esclarece as causas de dous lumes rexistrados esta semana en Rubiá e Carballeda de Valdeorras

No caso do incendio iniciado o xoves en Rubiá, actualmente controlado cunhas 200 hectáreas afectadas provisionalmente, a Unidade determinou que a presunta orixe foi unha cabicha mal apagada

13/08/21 | 22:07 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

13/08/21 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por sars-cov-2 nunha granxa de visóns de Abegondo

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España
 

13/08/21 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Vilar de Barrio reforzan a súa colaboración ao abeiro do convenio de protección das aldeas para anticiparse aos incendios forestais

Na reunión, tratouse a posibilidade de levar a cabo labores preventivos no monte veciñal de Rebordechau, tras as tarefas de helimulching realizadas o ano pasado en 10 hectáreas da Serra de San Mamede para rexenerar unha zona afectada polo lume

13/08/21 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta formará a unha quincena de persoas en Abegondo sobre a aplicación e a manipulación de produtos fitosanitarios

O curso, organizado a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrarase a partir do vindeiro martes día 17

13/08/21 | 10:15 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas