Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta programa para o vindeiro 6 de setembro un curso sobre castiñeiro de froito en Silleda
Esta acción formativa xirará arredor da planificación das plantacións destas árbores en función das zonas e do destino final do produto
A Xunta impartirá en Xinzo de Limia un curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica
Está previsto desenvolver esta acción formativa o vindeiro venres, 3 de setembro, en horario de mañá e tarde na Casa da Cultura
A Xunta organiza a vindeira semana un curso en Friol sobre benestar animal no transporte
Impartirase nas instalacións da Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR) da Comarca de Lugo dende o vindeiro mércores 1 de setembro ata o martes 7 en horario de 10:00 a 14:00 horas
A Xunta celebra o vindeiro mércores no concello de Monforte de Lemos unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra
A acción formativa terá lugar na sede do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra, en horario de 17:30 a 21:30 horas
A Xunta formará unha trintena de persoas na Estrada e na Peroxa sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiros de froito
O obxectivo destas accións formativas é planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto, así como complementar a formación do sector en materia de tratamentos para as árbores, tendencias de mercado, etc.
A Xunta destaca o carácter pioneiro e exemplar do proxecto silvopastoril das 'Vaquiñas de Pinzás' para xerar actividade rendible e anticiparse aos incendios
A acción -que contou cunha axuda pública de case 150.000 euros- xira arredor da introdución no monte de máis de 30 vacas autóctonas vianesas, a incorporación de tecnoloxía para a xestión do rabaño e o desenvolvemento de programas educativos
A Xunta colabora coa Universidade de Castela-A Mancha na análise do impacto no solo do incendio rexistrado na provincia de Albacete
Investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Consellería do Medio Rural, desprazáronse ata o lugar de Liétor para avaliar a severidade do lume e o seu impacto no solo e no incremento do risco de erosión
A Xunta formará unha vintena de persoas nun taller sobre produción comercial de castaña en Verín
Esta acción formativa desenvolverase entre o 30 de agosto e o 8 de setembro no auditorio da localidade ourensá, en horario de tarde
Unha ducia de persoas formaranse en Lugo nun curso da Xunta sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC
A acción formativa programouse para o vindeiro luns, día 30 de agosto, na Delegación territorial da Xunta en Lugo, en horario de 15:45 a 20:45 horas
A Xunta formou en materia de reposición de marras en cultivo de viñas a 15 profesionais do sector
A acción formativa celebrouse no Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo