Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

02/09/21 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana vindeira dous cursos en Chantada e Vilardevós sobre enxertos e podas dos castiñeiros de froito para a renovación dos soutos

As accións serán impartidas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

02/09/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

Unha trintena de pequenas e medianas empresas agroalimentarias galegas participan dende mañá en Salimat baixo o paraugas de promoción da Xunta

As empresas pertencen a diferentes sectores produtivos (queixos, xeados, viños, conservas, repostería, etc.), a maioría acollidas a indicativos de calidade

01/09/21 | 22:00 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, a superficie afectada foi de 15 hectáreas, a meirande parte delas arboradas

01/09/21 | 16:22 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

Segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, a superficie afectada é de 15 hectáreas

01/09/21 | 16:11 | C. do Medio Rural

A Xunta desprega técnicos da Evega para avaliar os danos do pedrazo no Ribeiro e asesora ós viticultores para facerlles fronte

Trátase de orientar aos produtores prexudicados sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade e sobre as prácticas máis aconsellables, co obxecto de minimizar as perdas

A Xunta lembra que convocou en xaneiro unha orde de axudas cun orzamento de 6 millóns de euros para fomentar os seguros agrarios e que estas pólizas cobren os danos provocados por fenómenos meteorolóxicos extraordinarios como o de onte

01/09/21 | 16:01 | C. do Medio Rural

Galicia e as demais comunidades cantábricas insisten en esixir ao Ministerio de agricultura que atenda as súas demandas en relación cos ecoesquemas da PAC

Os territorios do norte de España coincidiron en reclamar a inmediata celebración dunha xuntanza bilateral co MAPA para avanzar nestas cuestións, manifestando o seu desacordo por que o Ministerio non recollese ningunha das súas peticións

01/09/21 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o inventario forestal continuo permitirá tomar decisións que contribuirán a consolidar un sector clave para o rural galego

José Luis Chan referiuse ao Inventario como unha ferramenta esencial para realizar diagnoses axeitadas que guíen tanto as decisións políticas como as empresariais relacionadas co sector forestal

01/09/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia está na vangarda da xenética animal, un factor clave para o seu liderado no sector lácteo

José González puxo en valor que se producirán un mínimo anual de 30.000 doses e que este seme sexado eleva ata o 90% as posibilidades de que o sexo do animal froito da xestación sexa feminino, algo esencial para facilitar a recría do gando

01/09/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha formación en Monforte de Lemos sobre a aplicación e a manipulación de produtos fitosanitarios de nivel cualificado

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrarse de maneira semipresencial a partir do vindeiro luns día 6

01/09/21 | 11:52 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Guísamo un curso sobre aplicación do GPS no sector agroforestal

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrarse a partir do vindeiro mércores 8 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas