Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

04/09/21 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará en Monforte un obradoiro sobre o fenómeno de deriva na aplicación de produtos fitosanitarios

A acción formativa terá lugar no CFEA de Monforte o vindeiro martes, en horario de 10:00 a 14:00 horas

04/09/21 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta abordará o uso das plantas medicinais nun curso que se celebrará o vindeiro mércores no CFEA de Guísamo

Esta acción formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, terá lugar o vindeiro mércores 8 de setembro en horario de mañá, de 9:00 a 13:00 horas

03/09/21 | 15:07 | C. do Medio Rural

O Centro de investigacións Agrarias de Mabegondo organiza a semana vindeira unha xornada sobre as variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia

En concreto, o próximo mércores 8 de setembro farase un percorrido polos últimos 23 anos de ensaios que cumpre o programa do CIAM relacionado coa avaliación destas variedades forraxeiras

03/09/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia reactiva a actividade no recinto feiral de Silleda trala covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron hoxe na inauguración da feira, que acolle a súa 43ª edición tras adiarse o ano pasado debido ás restricións sanitarias pola covid-19

03/09/21 | 12:59 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a importancia da Limia como comarca de referencia agrogandeira en Galicia

José Luis Cabarcos reiterou o compromiso do Goberno galego a prol da sustentabilidade do sector primario nesta bisbarra e lembrou que é unha das principais zonas de produción de pataca e cereais dentro da nosa comunidade

03/09/21 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá a semana que vén no CFEA de Monforte de Lemos dous cursos sobre modelos silvícolas e boas prácticas forestais

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, as accións terán lugar o vindeiro martes 7 e xoves 9 de setembro

03/09/21 | 10:53 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra a vindeira semana nos concellos de Sober e Pantón unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra

Ambas accións formativas terán lugar nas respectivas casas consistoriais, en horario de 17:30 a 21:30 horas

03/09/21 | 10:22 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte mañá no Concello das Pontes de García Rodríguez un novo curso de iniciación á apicultura

Esta acción formativa celebrarase en tres xornadas, en horario de mañá, os días 4, 5 e 11 de setembro na Casa do Mel de Goente

02/09/21 | 18:55 | C. do Medio Rural

A Xunta avalía os danos do pedrazo no Ribeiro e asesora aos viticultores e as adegas para minimizar as perdas

José González explicou que as zonas máis afectadas pola sarabia están nos concellos de Leiro (en Gomariz), Cenlle (en Riobó) e Boborás (en Pazos de Arenteiro)

02/09/21 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana na Fonsagrada dous cursos sobre xestión económica e administración electrónica para explotacións agrarias

Programadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria a través da OAC da Fonsagrada, ambas accións desenvolveranse na aula Cemit desta localidade luguesa