Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

11/11/22 | 14:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o extraordinario traballo da Unidade de Investigación de Incendios Forestais durante o seu primeiro ano en funcionamento

Manuel Rodríguez puxo en valor o labor desempeñado pola UIFO nos incendios deste verán, que foi determinante no esclarecemento de varios lumes

11/11/22 | 10:11 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Castroverde, Rairiz de Veiga e Valga que reorganizarán unhas 1.319 hectáreas

Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

10/11/22 | 18:32 | C. do Medio Rural

Un total de 11 empresas da área de Santiago do sector agroalimentario recibirán máis de 4M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros para levar a cabo a renovación tecnolóxica das súas instalacións

10/11/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá o ano que vén ata 1,5 M€ en materia de seguros agrarios para explotacións vitícolas asociadas a Denominacións de Orixe

Outros 5,4 millóns de euros destinaranse en 2023 a promocionar os produtos galegos de calidade mediante feiras ou campañas

10/11/22 | 10:59 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca eleccións para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se convocan estes procesos electorais e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno destes entes, mentres os doutros 11 consellos reguladores quedan prorrogados

10/11/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza no CIF de Lourizán unha xornada sobre as especies arbóreas nas zonas atlánticas de cara á súa adaptación fronte ao cambio climático

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a acción no Centro de Investigación Forestal de Lourizán está prevista o xoves 17 de novembro

Enmarcada no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022, a iniciativa contempla unha visita a unha das parcelas onde se está levando a cabo o proxecto comunitario Reinfforce

09/11/22 | 19:39 | C. do Medio Rural

A Xunta continúa defendendo ao sector da carne de calidade pola vía da demanda de prezos axeitados para os seus produtos

José González insistiu en que os prezos deben cubrir os custos de produción e deixar unha marxe de beneficio para os gandeiros

09/11/22 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta catro novos casos de gripe aviaria en mascatos localizados en Galicia

Os novos casos positivos corresponden a catro exemplares recollidos nos concellos de Carnota, Foz, Viveiro e Oia, que foron trasladados aos respectivos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre provinciais
 

08/11/22 | 18:39 | C. do Medio Rural

Galicia contará a partires deste 2023 cun dispositivo público de loita contra incendios no que dous terzos dos seus compoñentes traballarán todo o ano

Esta mellora complementará a levada a cabo entre 2017 e 2020, onde se incrementou, de forma progresiva, o tempo de traballo do persoal de tres meses ata os seis meses actuais de contratación

08/11/22 | 17:37 | C. do Medio Rural

As empresas Chocolates Moreno e Augas Santas súmanse ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria da Xunta


Este distintivo de calidade diferenciada garante que as producións contan cunha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet