Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/03/22 | 18:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/03/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realizará unha declaración de emerxencia para restablecer a circulación entre Folgoso do Courel e Quiroga e garante que acometerá a solución máis rápida e segura coa máxima axilidade posible

Vázquez Mourelle salienta que a Xunta traballa desde o primeiro momento para ofrecer, canto antes, unha solución segura para restablecer a circulación con plenas garantías

23/03/22 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 19 ofertas para mellorar o saneamento en 5 novos núcleos das parroquias de San Mamede e de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, cun investimento de 1,3 M€

Esta nova intervención iniciarase a finais do verán co obxectivo de ter os traballos rematados no 1º cuadrimestre de 2023, xa que contan cun prazo de 7 meses

23/03/22 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción de dúas sendas na estrada OU-536 ao seu paso por Santa Baia e as vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos

Os novos itinerarios sumarán 3 km de lonxitude e contarán cunha anchura mínima de 2 metros e pavimento de formigón coloreado, atendendo as necesidades de persoas con mobilidade reducida e ofrecendo unha adecuada integración estética

22/03/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega ao Concello de Quiroga as obras de mellora do equipamento da depuradora, que supuxeron un investimento de preto de 30.000 euros

Os traballos acometidos teñen como obxectivo facilitar o control e a medición das augas entrantes e tratadas na depuradora

22/03/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para a construción da estación de autobuses e o aparcadoiro da estación intermodal da Coruña

Unha vez formalizado o acordo, a Xunta licitará as obras da estación de autobuses co aparcadoiro, cun investimento de 32,4 M€, que executará asumindo o 60% do importe

22/03/22 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta en Ferrol anuncia a licitación das obras de reforzo do firme da AG-64 que suporán un investimento autonómico de case 1,5 millóns de euros

As actuacións levaranse a cabo nos primeiros 40 quilómetros da autovía ao seu paso polos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes

22/03/22 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López aborda co alcalde de Arbo os proxectos da Xunta para o municipio en infraestruturas, medio rural, abastecemento, educación e empresa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co rexedor Horacio Gil, que acudiu ao edificio administrativo de Campolongo para interesarse pola tramitación administrativa de varios investimentos

21/03/22 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta