Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita por 475.000 € a redacción de proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa
Na presentación de ofertas deberase incluír xa unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando resposta tecnolóxica de baixo consumo enerxético
A Xunta investirá 5,2 M€ na execución do novo colector xeral de Burela, que mellorará o sistema de saneamento do municipio
A intervención, cun prazo de 15 meses, reforzará a capacidade dos colectores, evitando alivios sen tratar e concentrando as augas para o envío á depuradora
A Xunta licita por case 145.000 euros a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde da Rúa
Na presentación de ofertas deberase incluír xa unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando unha resposta tecnolóxica de baixo consumo enerxético
Ethel Vázquez destaca que as obras do tanque de tormentas do río Pontiñas e dos novos colectores, licitadas hoxe por 6,7 M€ mellorarán o saneamento do núcleo urbano de Lalín e xerarán máis de 100 empregos
O obxectivo da actuación é aumentar a capacidade dos colectores das marxes do río Pontiñas e executar un tanque de retención que mellore o funcionamento do saneamento en tempo de chuvias e evitando vertidos
A Xunta concede 49 axudas para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de preto de 500.000 euros
Estas axudas, enmarcadas na segunda convocatoria da Xunta, foron outorgadas a 44 comunidades de usuarios da provincia de Pontevedra e a 5 da provincia da Coruña
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar a rede de saneamento e unha depuradora na parroquia de San Xiao de Mandaio, en Oza-Cesuras
O contrato, adxudicado por 18.000 €, definirá as obras para dotar de saneamento os lugares de Petín, Cimadevila, Soquintá, O Agüeiro, A Rocha, Baldrís, Quintá e Tarrío
A Xunta adxudica por máis de 160.000€ as obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, no concello de Avión
A actuación, cun prazo de 4 meses, ten como obxectivo conectar as redes de saneamento destes núcleos co colector xeral de Avión, xa que na actualidade contan con sistemas que conflúen en fosas sépticas
Trenor informa de que a Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil na estrada AC-524 en Frades, que suporá un investimento de máis de 241.000€
O delegado da Xunta subliña que as persoas interesadas terán de prazo 30 días hábiles a partir de mañá para presentar as achegas que consideren ao trazado proposto
Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 810.000 euros nunha 1ª fase das obras de mellora da estrada OU-402 na Arnoia que se licitan hoxe e se iniciarán no outono
Actuarase nun treito da vía que carece de beirarrúas, beiravías e zona para peóns, mellorando o trazado e ampliando a estrada ata os 7 metros de ancho onde sexa factible, rectificando tamén as curvas de radio reducido
A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ as obras da senda na estrada PO-551 entre A Moureira e Palmás, en Moaña
A construción deste itinerario comezará a finais de abril ou comezos de maio e terá un prazo de execución de 12 meses