Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/04/22 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 1,1 M€ na execución de dúas sendas na estrada OU-536 ao seu paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos

Construiranse dous itinerarios que sumarán 3 km de lonxitude e terán unha anchura mínima de 2 metros con pavimento coloreado, atendendo as necesidades de persoas con mobilidade reducida e ofrecendo unha adecuada integración estética

02/04/22 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, o Outeiro e o Pedral, en Boimorto, que suporán un investimento de 487.000 €

Construirase unha rede de colectores e unha depuradora para o tratamento das augas residuais deste 3 lugares do municipio, con vivendas unifamiliares dispersas, ademais dunha pequena explotación gandeira e un bar

02/04/22 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/04/22 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta alegacións ao anteproxecto de Lei de mobilidade sostible do Goberno de España, que considera lesivo para as comunicacións do rural

O Goberno autonómico demanda que se consideren as peculiaridades de Galicia, que pola súa elevada dispersión territorial e polo envellecemento da poboación precisa dunha alta capilaridade dos servizos de mobilidade

01/04/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías, dotadas cun orzamento de case 12,5 M€

Están dirixidas ao achatarramento de vehículos, á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou á modificación da forma de propulsión, así como á implantación de infraestruturas de recarga eléctrica

01/04/22 | 10:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde o luns os horarios dos autobuses entre Verín e A Gudiña para facilitar 5 enlaces ao día cos servizos de tren a Madrid

O Goberno galego activa unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día

31/03/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do abastecemento en varios núcleos do concello de Lobios, tras un investimento de 290.000 euros

As actuacións resolven as carencias na rede de abastecemento de auga nos núcleos de Vilameá, A Devesa, San Paio e Esperanzo

31/03/22 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 400.000 euros na execución dunha nova senda na estrada AC-305, que conectará A Casilla, O Araño e Burés, no Concello de Rianxo

Executarase o itinerario pola marxe dereita desta vía autonómica, coa finalidade de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla

30/03/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución do emisario submarino da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, co inicio da perforación coa tuneladora

Unha vez montada e sometida a probas a máquina, avanza na perforación do túnel do tramo terrestre do emisario, con 100 metros de perforación xa executados

30/03/22 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os actores da cadea loxística consensuarán as achegas á Lei que prepara o Goberno de España para o sector do transporte co obxectivo de que se teñan en conta as características diferenciais de Galicia

Ethel Vázquez apunta á atomización do sector do transporte na comunidade, unha realidade que define a súa estrutura e funcionamento, onde o 80% das empresas non teñen máis de 2 traballadores