Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

06/04/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez apela á implicación do conxunto de Comunidades Autónomas para evitar que a futura Lei estatal de mobilidade sostible agrave as desigualdades territoriais

Manifesta a “inquedanza” de Galicia ante un texto legal que propón supeditar a execución de estradas á rendibilidade económica, o que dificulta garantir a conectividade no rural

06/04/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/04/22 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello da Coruña da totalidade da estrada AC-415 e do treito da AC-211 que discorre polo municipio

Transfírense 2,4 km da estrada AC-415 que coincide coa avenida de Fisterra desde a Ronda de Outeiro ata Meicende, no límite municipal con Arteixo; e o treito da AC-211 entre o límite do concello con Culleredo e A Pasaxe (N-VI)

05/04/22 | 17:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que a Xunta completará as obras do enlace da N-VI e non avanzará “nin un centímetro máis” na Vía Ártabra sen plenas garantías xurídicas

Lembra que foi o director xeral de Estradas do Goberno bipartito o que aprobou, mediante unha resolución, o trazado da conexión da Vía Ártabra coa AP-9, en lugar de elevalo ao Consello da Xunta, decisión agora cuestionada pola xustiza

05/04/22 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que 925 servizos de autobús semanais conectan a comarca co Barbanza e avanza un reforzo das comunicacións con Santiago

Vázquez Mourelle precisa que en días laborables, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira están conectados por 35 servizos de ida e volta entre as 6:20 e as 23:30 horas

05/04/22 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martina Aneiros supervisa en Mugardos o bo ritmo das obras de construción dun itinerario peonil e ciclista que a Xunta habilita na estrada autonómica AC-133

A actuación conta cun investimento global da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade superior aos 508.000 euros

05/04/22 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova, que suporán un investimento de 1,2 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a contratación destas actuacións, que comezarán en verán para telas rematadas este mesmo ano

04/04/22 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza sondeos xeotécnicos na LU-651 en Folgoso do Courel para definir as obras necesarias para restituír a vía tras o desprendemento rexistrado

O obxectivo destes traballos, que tamén inclúen o levantamento topográfico con drons, é coñecer o comportamento do terreo para avaliar a viabilidade das distintas alternativas para restablecer a conexión viaria

04/04/22 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para maio e xullo os propietarios dos terreos necesarios para executar 2 novos treitos de senda na AC-552 en Coristanco para favorecer o acceso a pé ao centro comercial

Trátase de dous itinerarios nas marxes da vía autonómica, que se executarán no remate da senda Carballo-Coristanco, dándolle continuidade cara ao centro comercial, e entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi

04/04/22 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras da estación de autobuses da intermodal da Coruña comezarán en outubro, cun investimento de 40 M€ que levará aparellados 700 empregos

Vázquez Mourelle detalla que a licitación inclúe a nova terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo, cun investimento de 29,7 M€; e o proxecto de elementos comúns elaborado por ADIF, cun orzamento de 10 M€, que materializará a Xunta