Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comezará en maio a execución do acceso provisional a Folgoso do Courel co fin de que o tráfico na estrada LU-651 estea restituído no verán
Francisco Menéndez indica que o acceso, de 740 metros de lonxitude e cun orzamento de 770.000€, garantirá a mobilidade na zona, tamén para vehículos pesados, mentres non se determina a solución definitiva
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda que conectará A Casilla, O Araño e Burés, que estará á disposición dos veciños de Rianxo na primavera de 2023 logo dun investimento de máis de 500.000 €
Construiranse dous treitos de senda na marxe dereita da estrada, configurando un itinerario total de 1,3 km para facilitar un tránsito peonil seguro pola beira da vía e para mellorar o acceso ás paradas de transporte público
A Xunta licita por 1,5 M€ o reforzo do firme de tres estradas da zona sur de Lugo para mellorar a seguridade viaria
O delegado territorial, Javier Arias, presentou o proxecto de acondicionamento das vías autonómicas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda
A Xunta e o concello de Folgoso do Courel acordan a execución dun acceso provisional que permitirá restituír o tráfico na LU-651 no verán
Esta vía de nova execución fará posible dispoñer dunha alternativa viaria tras o desprendemento e garantir a mobilidade mentres se determina e constrúe a solución definitiva
A Xunta subliña un “enorme salto na calidade das augas da ría de Pontevedra” grazas á mellora da depuradora e avanza máis progresos co novo emisario, que completa un investimento de case 30 M€
Alfonso Rueda destacou o compromiso da Xunta con Pontevedra, con investimentos que acadan máis de 240M euros e que supoñen ademais dunha mellora para os cidadáns pontevedreses, tamén un gran pulo para a dinamización e mobilización económica pontevedresa
A Xunta destina preto de 198.000 euros a 20 comunidades de usuarios de augas da área territorial de Vigo para proxectos de mellora nas traídas veciñais
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou a Comunidade de Usuarios de Augas de Xestoso, en Bembrive, para comprobar os traballos que se están a realizar
A Xunta retoma as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes
No día de hoxe reiniciáronse os traballos de remate do pavimento da ponte para colocar a continuación o novo peitoril, cuxa nova configuración en pedra de cantería recibiu o visto bo de Patrimonio
A Xunta de Galicia financia a rehabilitación do Mercado de Moscoso en Pazos de Borbén
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias,e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, visitaron este luns as obras de recuperación da cuberta da antiga praza do mercado
A Xunta licita a renovación do firme en oito treitos de seis estradas autonómicas de Pontevedra e O Salnés cun investimento de 1,3 M€
O delegado territorial, Luis López, informou da apertura deste proceso de contratación nunha visita á estrada PO-300, que vai ser mellorada en máis de oito quilómetros, xunto ao alcalde de Ribadumia, David Castro
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Noia da totalidade da estrada AC-310 e de 2 treitos da AC-311 e da AC-550 no municipio
Transfírense os 220 metros da AC-310 de acceso ao porto de Noia; un treito de algo máis de 1,3 km da AC-311; e outro de 390 metros da AC-550, correspondentes coas rúas Rosalía de Castro e Costa do Ferrador