Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/04/22 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada Ou-112 ao seu paso por Laza, no treito coincidente coa vía da prata

A Consellería de Infraestruturas está a executar unha senda e a reforzar a sinalización horizontal e vertical ao longo de algo máis de medio quilómetro, entre os puntos quilométricos 0+510 e 1+040

16/04/22 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora da seguridade na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co camiño de Fisterra

 Executarase unha senda de 630 metros de lonxitude e unha condución de pluviais dispoñendo 84 metros de tubaxe

14/04/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 855.000€ na sinalización e na divulgación das áreas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Trátase de reforzar a concienciación sobre o risco de asolagamentos na demarcación de competencia autonómica, incrementando o coñecemento sobre o comportamento natural dos ríos e a influencia das accións dos cidadáns

14/04/22 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta financia con 40.300 euros a incorporación de equipos para detectar perdas nas redes de abastecemento en 11 concellos lucenses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desenvolve esta iniciativa no marco da normativa sobre medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca

14/04/22 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 11 empresas para executar as obras de dúas novas sendas en Montealegre e en Valdorregueiro, en Ourense, cun investimento de 1,6 M€

 O obxectivo é iniciar as obras no verán, para o que xa se está a avanzar nos trámites expropiatorios, e prevese que estean en servizo na primavera de 2023

Executaranse 2,2 km de itinerarios nas marxes das estradas OU-101 e OU-150 para favorecer a mobilidade dos veciños destes núcleos en condicións de seguridade, xa que actualmente nestes puntos as vías carecen dun espazo propio para o tránsito de peóns

As sendas serán de uso mixto, peonil e para ciclistas non deportivos, terán ancho variable dun mínimo de 1,8 metros e estarán separadas da vía por distintos elementos

13/04/22 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 250.000 euros a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade colocará os novos refuxios en estradas da rede viaria da Xunta ao seu paso por un total de 32 municipios

13/04/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na rehabilitación da ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre Noia e Outes, coa colocación estes días do novo peitoril en pedra de cantería

A Consellería de Infraestruturas reiniciou esta semana o remate do pavimento da ponte e agora está colocar a nova varanda

13/04/22 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria para este ano das probas para exercer como xestor de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada

Trátase da primeira convocatoria logo da entrada en vigor da modificación do formato deste exame que estableceu o Ministerio de Transportes

12/04/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 830.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e de Moaña

 Actuarase no treito de 1,9 km entre a saída da travesía de Cangas, na zona da glorieta do Gordo, e a intersección de acceso ao colexio de Tirán