Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras da nova senda na estrada PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín, que supoñen un investimento de 650.000 euros
Esta intervención, cun prazo de execución de 9 meses, ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na contorna, favorecer os desprazamentos a pé dos veciños e fomentar a mobilidade sostible
Ethel Vázquez informa ao alcalde de Laxe do inicio en maio das obras das sendas de Soesto e de Serantes, nas que a Xunta investirá máis de 310.000 €
? Executaranse algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433, conectando pola marxe esquerda os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto, e pola dereita Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio
A Xunta adxudica por preto de 470.000 € as obras da nova senda na estrada AC-214, no treito entre A Xira e Cambre
? Estas actuacións para favorecer a mobilidade segura e sustentable contan cun prazo de execución de 8 meses
A Xunta recibe 4 ofertas de empresas para executar as obras de conservación da ponte Ceilán na Ac-550 ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, cun investimento de 505.000 €
Con estes traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, reforzarase a seguridade do peón mediante a substitución da varanda actual por unha nova
A Xunta recibe 6 ofertas para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporá un investimento autonómico de 445.000€
O obxectivo é iniciar as obras en setembro e que a comezos de 2023 estean rematadas para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio
A Xunta recibe as ofertas de 11 empresas para executar a mellora do firme na autovía AG-64 ao seu paso por Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, cun investimento de 1,5 M€
As obras terán un prazo de execución de seis meses e centraranse no acondicionamento e rehabilitación de firme nos primeiros 40 quilómetros da autovía que une Ferrol e Vilalba
A Xunta recibe 11 ofertas para a redacción do proxecto de da 2ª fase da autovía Nadela-Sarria, entre a Pobra de San Xiao e a conexión coa A-6, que suporá un investimento de arredor de 30 M€
Trátase da redacción do proxecto de trazado, do estudo de impacto ambiental e do proxecto construtivo para executar o treito de 13,5 km que completará o desdobramento da vía de altas prestacións entre Lugo e Sarria
A Xunta inicia traballos de campo para avaliar a calidade dos servizos de transporte público nos que se potencia a participación cidadá
? A campaña dá continuidade á iniciativa posta en marcha o ano pasado por primeira vez en todo o territorio da comunidade e terá unha duración de 7 semanas
Ethel Vázquez anuncia a licitación por 2 M€ das obras de mellora da seguridade viaria na PO-223 e na PO-224, en Santo André de Xeve, que transformarán a mobilidade nesta parroquia do concello de Pontevedra
? Son actuacións integrais que favorecerán unha contorna escolar segura, froito da colaboración con STOP Accidentes e do diálogo coa dirección do CEIP Santo André de Xeve, coa implicación dos propios alumnos do centro
? O proxecto tamén recolle as propostas de mobilidade sostible do Plan de sendas de Galicia na comarca, para enlazar dun xeito máis seguro e sostible os núcleos do Couso e Sobral, unindo os principais equipamentos da zona: o polígono empresarial, o colexio e a parroquia
A Xunta inicia a construción dunha senda na estrada AC-421 entre Valenza e Castrobó, en Coristanco
Esta actuación, cun orzamento de máis de 30.000 euros, ten como fin mellorar o acceso dos veciños de Valenza a Castrobó, onde se atopan os servizos principais