Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/04/22 | 09:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ as obras de 3 sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na avenida de Ponferrada, no concello de Ourense

Actuarase na Rabaza, en Ponte Sevilla e na avenida de Ponferrada para habilitar máis de 3,5 km de sendas de uso compartido, peonil e ciclista, cun ancho mínimo de 1,80 metros para garantir unha boa accesibilidade

23/04/22 | 09:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán, no Concello de Ponteceso, que supoñen un investimento de 446.000 €

Execútase un novo itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da estrada AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana, na que a Xunta investiu 535.000 €

22/04/22 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Melide o convenio para completar o saneamento na parroquia de Santa María, que suporá un investimento de 150.000€

O Goberno galego executará as obras, ás que achegará 120.000 €, contribuíndo o Concello ao financiamento restante, destinando 30.000 €
 
Executarase un novo colector de saneamento que recollerá as augas residuais das vivendas que restan por conectar coa rede e as conducirá por gravidade cara ao colector xa executado a ambas as marxes da estrada N-54
 
Completarase a rede para dar servizo a 206 habitantes, tras unha primeira actuación coa que se dotou de saneamento as vivendas da parroquia na contorna da N-547, cun investimento superior aos 126.000 euros
 
A Xunta mantén a súa disposición de cooperación técnica e financeira cos concellos para axudalos nas súas responsabilidades municipais de saneamento e depuración

 

22/04/22 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará en xuño as obras de rehabilitación da Ponte Nafonso que une os concellos de Noia e de Outes, cun investimento autonómico de máis de 700.000 €

Francisco Menéndez sinala que se está a traballar intensamente, ultimando os traballos do pavimento e avanzando na colocación do novo peitoril en pedra de cantería

22/04/22 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 205.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Substituirase o equipo de desinfección de raios UV, implantarase un sistema de monitorización enerxética, novos elementos no programa de supervisión e control das instalacións e ampliarase o software do sistema de alarmas para avisos

22/04/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lembra que as peaxes da AP-9 foron as que máis subiron de España neste ano e pide que se destinen á AP-53 os cartos non aproveitados das bonificacións

Francisco Menéndez sinala que o Goberno de España deixou sen gastar 38 M€ dos    55 M€ de investimento previsto para os descontos da AP-9 nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021

22/04/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 1 M€ nas novas sendas na Medorra e Paiseo, no Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cuxas obras se licitan hoxe e se inician en outono

Actuarase na marxe esquerda da vía autonómica, nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, ofrecendo unha importante mellora da seguridade viaria e da mobilidade aos veciños destes tres municipios, ao tempo que revalorizan a zona

22/04/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Betanzos constatan as melloras nos servizos de transporte público do municipio e acordan colaborar para manter o seguimento



A Dirección Xeral de Mobilidade comprométese a analizar a atención ás demandas que poidan quedar pendentes pero pídelle ao Concello que as concrete

Case 1.000 mozos menores de 21 anos do municipio de Betanzos viaxan gratis nos autobuses da Xunta coa tarxeta Xente Nova

O Goberno galego advirte da necesidade de modernizar a infraestrutura e os servizos ferroviarios da liña Ferrol-A Coruña para mellorar a mobilidade dos veciños de Betanzos

Traslada a preocupación polo anteproxecto de Lei de mobilidade sostible, coa que o Goberno de España establece que as diferentes administracións deberán financiar os servizos de transporte que soliciten
21/04/22 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza cunha achega de máis de 40M€ novos proxectos para Vigo como a rehabilitación dos xulgados da rúa Lalín, o novo IES de Navia e a humanización da fachada marítima

Entre as actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anuncia o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago