Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/04/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1 millón de euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón

Trátase de executar unha rede de colectores e 4 estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso

26/04/22 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/04/22 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta no Parlamento a Lei do ciclo da auga, que pon á disposición dos concellos ferramentas para profesionalizar os servizos e un sistema voluntario para garantir a xestión de calidade

Vázquez Mourelle salienta que a norma fomenta a xestión profesional da auga, ofrecendo aos técnicos municipais un programa de formación periódica na materia e directrices que lle servirán de guía para unha xestión eficiente

26/04/22 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde da Rúa, cun investimento de case 145.000€

?      Neste contrato definirase a idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando unha resposta tecnolóxica de baixo consumo enerxético

25/04/22 | 15:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Larouco acordan impulsar a execución dunha nova senda entre Freixido e A Caseta

 A nova actuación, que suporá un investimento próximo aos 50.000 euros, completará as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade que se están a desenvolver agora mesmo na estrada autonómica OU-636

25/04/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras dunha nova senda peonil na estrada PO-235, no concello da Lama

Estas actuacións supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros

25/04/22 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa prevé un investimento de 1.885 M€ ata 2027 nun total de 212 medidas destinadas a afondar na mellora da calidade das augas nun contexto marcado polo cambio climático

Vázquez Mourelle salienta que o 80% das masas de auga da bacía están en bo estado e o obxectivo deste 3º ciclo de planificación hidrolóxica é acadar unha porcentaxe do 100%

25/04/22 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias reclama ao Goberno central que atenda as necesidades de Vigo: “saída sur e Stellantis son claves para a cidade”

A delegada territorial da Xunta en Vigo lamenta os “permanentes agravios” á cidade en asuntos de “máxima importancia” para a economía e o emprego

24/04/22 | 10:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia, que suporán un investimento de máis de 1,1 M€

O obxectivo é iniciar as obras no mes de setembro, para o que xa se está a avanzar nos trámites expropiatorios, e prevese que estean en servizo no verán do vindeiro ano

23/04/22 | 10:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para impulsar 2 sistemas innovadores para mellorar a xestión da auga e aumentar a resiliencia ante o cambio climático, aos que se destinarán 5,7 M€

Trátase de solucións tecnolóxicas para avanzar na xestión de datos e na capacidade para predicir as inundacións ou a seca, garantindo a protección do medio e das persoas