Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta lembra que os dereitos concesionais no salto de Santa Uxía e nos ríos Xallas e Grande están vinculados á non segregación da actividade e ao mantemento do emprego e da actividade industrial
Teresa Gutiérrez explica que a modificación solicitada pola empresa XEAL sobre a concesión hidroeléctrica de Santa Uxía, ao igual que as concesións do río Xallas e Grande, está suxeita ao estrito cumprimento destes condicionantes
Ethel Vázquez destaca o inicio da información pública da mellora da estrada Viveiro-Cabreiros, que suporá un investimento da Xunta de 13,4 M€ e acurtará o tempo de percorrido ao duplicar a extensión dos terceiros carrís
Vázquez Mourelle sinala que o proxecto está en información pública desde hoxe ata o 16 de xuño para avanzar nos trámites e licitar a 1ª fase das obras, que abarcará os concellos de Viveiro e Ourol onde a actuación é máis intensa, a finais deste ano
A Xunta recibe as ofertas de 4 empresas para executar a mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova, cun investimento de máis de 1,2 M€
Actuarase nas estradas OU-411, OU-414 e OU-801, nos concellos de Bande, Ribadavia, Verea, Cortegada, Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado
A Xunta recibe 7 ofertas para o acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que suporán un investimento de preto de 223.000€
Trátase de actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo da estrada PO-504, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450
O Plan de control de vertidos da Xunta permite que o 87% dos puntos rexistrados actualmente na ría de Arousa non sexan contaminantes
Teresa Gutiérrez detalla que os vertidos catalogados como contaminantes representan só o 11 % do total nesta ría, atopándose un 2% en investigación
A Xunta adxudica as obras de execución do acceso provisional a Folgoso do Courel para restituír o tráfico na estrada LU-651
A intervención comezará de forma inmediata e estará rematada a finais de xuño, ao ter un prazo de 6 semanas aproximadamente
Ethel Vázquez destaca a colaboración entre a Xunta e o Concello de Cenlle para transformar a travesía de Trasariz nunha rúa máis segura, funcional, accesible e humana, tras un investimento de máis de 170.000 €
Executouse un itinerario ao longo dos 450 metros que unen un tramo antigo da estrada N-120 co núcleo de Trasariz, proporcionando o tránsito máis cómodo e seguro dos peóns e mellorando a accesibilidade
A Xunta investirá máis de 2,6 M€ nas obras de mellora e acondicionamento da estrada LU-710, desde a intersección da N-VI ata o enlace coa A-6, en Baralla
Ensancharase e mellorarase a vía ao longo de 4,5 km, dotándoa dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un
A Xunta recibe 5 ofertas para executar a mellora do firme na estrada OU-533 ao paso pola Gudiña, o Bolo e Viana do Bolo, que suporá un investimento de case 1,4 M€
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano