Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez salienta que as obras do Centro Integral de Saúde de Lugo acadan o 70% de execución e rematarán este ano, cun investimento da Xunta de 12 M€
Un total de 50 operarios avanza a un ritmo intenso na execución deste equipamento, no que se pode visualizar xa a imaxe case final da fachada principal
A pasarela de Marineda construída pola Xunta na Coruña, premiada pola Asociación Española de Enxeñaría Estrutural
Esta infraestrutura elevada que une as marxes da estrada AC-552 foi galardoada como mellor pasarela nos VI Premios de Enxeñería
A Xunta licita por preto de 1,8 M€ as obras de rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela
A actuación, cun prazo de execución de 8 meses, consistirá na restauración e mellora da envolvente térmica e da distribución interior do edificio, que alberga a Oficina de Turismo da Xunta en Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración
A Xunta inviste preto de 126.000 euros na mellora dos viarios e aparcadoiros do hospital de Monforte de Lemos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as obras de reforzo do firme na contorna do centro hospitalario quedarán completadas esta semana
A Xunta executa a mellora do firme en 7 quilómetros da estrada LU-213 en Chantada, cun investimento de 380.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as obras consisten no reforzo do pavimento desde Chantada ata pasada a travesía de Limiñón
A Xunta licita as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga do concello de Leiro, que suporán un investimento de 360.000 euros
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o anuncio de licitación, ao que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 10 de xuño
A Xunta comeza os traballos de aglomerado nas obras de ampliación da capacidade da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo
Mantense a previsión de ter rematada no verán esta actuación integral, que supón un investimento autonómico de máis de 6,3 M€ e desdobra os carrís para gañar fluidez no tráfico
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras da estación de autobuses da intermodal da Coruña, que suporán un investimento de preto de 40M€
As actuacións, que comezarán en outubro, suporán 700 empregos para transformar a cidade, ao integrar nun único espazo moderno e accesible o autobús e o ferrocarril
A Xunta e os empresarios de Ourense fan fronte común para reclamar ao Goberno unha Lei de mobilidade sostible que teña en conta as comunicacións do rural e evite agrandar as desigualdades territoriais
O Goberno galego e a CEO instan ao Ministerio de Transportes a ter en conta as peculiaridades de Galicia, como a dispersión e o avellentamento da poboación, na planificación das infraestruturas e servizos de mobilidade
A Xunta aproba o proxecto de construción dun treito de senda peonil e ciclista na estrada AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo
Trátase de habilitar un tránsito peonil seguro nun treito desta vía autonómica, que coincide cunha intersección, reformulando ese cruce para maior seguridade viaria e habilitando o espazo para o encaixe da senda