Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/05/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello de Riotorto na execución da 2ª fase do saneamento da parroquia de Galegos, cun investimento de preto de 50.000 €

O obxectivo é dotar de saneamento as vivendas de Galegos que carecen deste servizo, as situadas ao sur da igrexa, porque as restantes xa se conectaron nunha 1ª fase

20/05/22 | 16:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,5 M€ a execución das obras de mellora do sistema de saneamento de Celeiro, no Concello de Viveiro

Construirase un novo bombeo e un depósito de retención, que levarán directamente as augas residuais de Celeiro cara ao novo pretratamento da depuradora de Viveiro

20/05/22 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor anuncia un investimento de máis de 1,5 M€ nas obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

O delegado da Xunta explicou que a Xunta realizará melloras nestas vías ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira

20/05/22 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a reposición integral do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Vila de Cruces cun orzamento de 1,6 M€

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación de senllas actuacións, nun proxecto conxunto, nunha visita a ambas estradas nas Pedrosas e Gres xunto aos alcaldes Manuel Cuíña e Luis Taboada

20/05/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 120.000 € a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de entrada á depuradora municipal de Monterroso

Trátase da primeira fase das intervencións necesarias para a mellora do sistema de saneamento e da depuración do municipio, de competencia municipal

20/05/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez presenta o Plan hidrolóxico de Galicia costa 2021-2027 como unha folla de ruta con rango de Lei para lograr o bo estado do 100 % das masas de auga da conca

Vázquez Mourelle advirte da necesidade de concienciar sobre o consumo responsable da auga ante unha situación de “seca prolongada” pola falta de chuvias e para evitar problemas nos meses de verán

20/05/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía o prazo de adscrición dos vehículos adquiridos ao abeiro das axudas para a compra de taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos

Esta iniciativa responde á situación extraordinaria actual ocasionada pola crise dos microchips, que ralentiza o ritmo de fabricación e a entrega dos vehículos

19/05/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, que supoñen un investimento de 420.000€

Actuarase en preto dun quilómetro da travesía da estrada LU-113, desde o centro, á altura da praza de Galicia, ata a saída do núcleo urbano en sentido Abadín

19/05/22 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 595.000 € as obras dunha senda na estrada autonómica AC-301 no concello de Rois

Os traballos iniciaranse na segunda quincena de xuño e teñen un prazo de execución de 8 meses

19/05/22 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar as obras das sendas das Vendas e de Santa Baia, en Esgos e no Pereiro de Aguiar, que suporán un investimento de 1,1 M€

O obxectivo é iniciar as obras a comezos do outono e prevese que estean rematadas na primavera de 2023, xa que os traballos contan cun prazo de 6 meses