Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/06/22 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/06/22 | 16:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na PO-252, en Pazos de Borbén

As obras, que suporán un investimento autonómico de máis de 44.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

03/06/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Ortigueira o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal, destinando un investimento de máis de 385.000 €

A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento desta instalación, tras destinar desde 2005 case 2,4 M€ á xestión da planta de tratamento de augas residuais do municipio

03/06/22 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as sendas de Soesto e de Serantes estarán rematadas a comezos de 2023 cun investimento de 335.000 €, facilitando desprazamentos máis seguros, limpos e saudables aos veciños de Laxe

Esta actuación dotará os veciños de Laxe de case 1,3 novos quilómetros de novos itinerarios peonís, facilitando os desprazamentos cara a equipamentos como a igrexa e o cemiterio; ou puntos de atracción e de interese turístico como a praia de Soesto

02/06/22 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ames porán en marcha na segunda quincena de xuño os novos servizos de autobús entre as parroquias de Ortoño e Bugallido e Santiago, que empregarán 13.000 viaxeiros ao ano

Os novos servizos parten da proposta alternativa trasladada pola Xunta, cun incremento de frecuencias e a optimización dos servizos e un menor custo para a entidade local

02/06/22 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha senda na estrada AC-421 entre Valenza e Castrobó, no concello de Coristanco

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou máis de 30.000 euros a mellorar o acceso dos veciños destes núcleos, onde se atopan os servizos principais

02/06/22 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada OU-636 en Larouco

A intervención, cun investimento autonómico de 48.000 euros, desenvolveuse nos núcleos de Larouco e da Caseta

01/06/22 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma as obras da vía Ártabra para concluír o enlace coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros

A Administración autonómica presentou dous recursos de casación ante o Tribunal Supremo fronte ás sentenzas sobre esta infraestrutura ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

01/06/22 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar as obras de mellora do firme na LU-113 no concello de Abadín, cun investimento de máis de 2,5 M€

Rehabilitarase e acondicionarase o firme ao longo de 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico

01/06/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 797.000€ aos quince concellos do Salnés e Caldas para a mellora de camiños ao abeiro do Plan marco

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria en Portocanles e Busto, no Concello de Catoiraa, xunto ao alcalde, Alberto García