Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

07/06/22 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xuño e setembro os propietarios dos terreos necesarios para executar un acceso ao parque empresarial de Lebozán, no Concello de Beariz

O levantamento de actas previas terá lugar o 20 de xuño na Casa do Concello e a formalización será o 1 de setembro no mesmo lugar

07/06/22 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 5 empresas para a execución das obras de rehabilitación do edificio da Xunta na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela

A actuación, cun investimento de 1,79 M€, consistirá na restauración e mellora da envolvente térmica e da distribución interior do edificio, no que están a Oficina de Turismo da Xunta en Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración

06/06/22 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O inicio da execución das obras da senda peonil na AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre, obrigarán ao corte da estrada a partir deste mércores

Esta actuación de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria inclúe a execución de muros de sostemento para conseguir unha plataforma ampliada, para o que é necesario o corte do tráfico, salvo para residentes, entre a N-550 e a AC-213

06/06/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica OU-193 no Casal, no concello de Cortegada

O delegado territorial explicou que se mellorou a seguridade viaria e a accesibilidade mediante a execución dun novo tramo de beirarrúa para conectar coas xa existentes, e unha senda-cuneta de 215 metros de lonxitude

06/06/22 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pantón investirán 650.000 € para dotar de abastecemento de auga potable 240 veciños das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato

O acordo recolle que as obras, que se licitarán a finais de ano ou comezos do vindeiro, serán financiadas cunha achega da Xunta de 520.000 € e 130.000 € do Concello

06/06/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Gondomar o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal, destinado un investimento de case 1,4 M€

A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias, garantindo o funcionamento da depuradora, tras destinar desde 2005 case 9,2 M€ á xestión da instalación, cunha capacidade de depuración para una poboación de 24.000 habitantes

06/06/22 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata o proxecto para a reubicación da parada de autobús na travesía de Laño da estrada PO-308, no concello de Poio

As obras suporán un investimento de 32.413€ e teñen un prazo de execución de dous meses

05/06/22 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de seis ríos no concello de Outes

As tarefas leváronse a cabo nos ríos Entíns, Outes, Rial, Bendimón, Donas e un río innominado, no seu percorrido por distintos lugares do municipio

05/06/22 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/06/22 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Coristanco o convenio para mellorar o sistema de abastecemento municipal, que suporá un investimento de máis de 765.000€

A Xunta achegará o 80% do financiamento, case 613.00 €, e asesorará tecnicamente á administración local para acadar o funcionamento efectivo das instalacións