Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

11/06/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
10/06/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As actuacións levadas a cabo para reducir o nivel de arsénico no sistema de abastecemento de Castrelo de Miño permitiron normalizar o subministro ao contar coas garantías sanitarias para o consumo

Grazas ao establecemento dos novos sistemas de depuración, minimizáronse os niveis de arsénico detectados na auga de abastecemento, polo que dende hai dous días, tras os informes dos técnicos da Consellería de Sanidade, normalizouse o subministro

10/06/22 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe a construcción da estación de autobuses intermodal de Urzaiz e reclama ao Concello que remate os accesos para que entre en funcionamento

A delegada territorial da Xunta visitou as novas instalacións xa rematadas tras un investimento de 18 millóns de euros

10/06/22 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor supervisa o inicio das obras das dúas novas sendas na AC-214 entre a Xira e Cambre e en Sigrás, que contan cun investimento de máis de 1,3M€

A Xunta está a impulsar no Concello de Cambre a execución de tres novas sendas, que suporán a construción de 2,7 novos quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas seguros, sostibles, saudables e integrados na paisaxe, cun investimento de case 2 M€

09/06/22 | 15:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a rehabilitación do firme en dúas estradas autonómicas do núcleo urbano de Lourenzá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego inviste 31.600 euros para reforzar a seguridade viaria en dous treitos da LU-153 e a LU-122

09/06/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinou desde 2020 máis de 1,5 M€ a axudas ás comunidades de usuarios de abastecemento para mellorar as instalacións e a calidade da auga

Teresa Gutiérrez explica que as axudas van dirixidas a optimizar as instalacións de captación e potabilización e a dispor dispositivos de medición do caudal

08/06/22 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma o mantemento da prealerta por seca na conca da demarcación Galicia-Costa e incide no consumo responsable e no aforro da auga

A Oficina Técnica da Seca observa que os recursos hídricos se manteñen inferiores aos habituais, situándose no mes de maio o caudal medio circulante dos ríos nun 46% por debaixo dos valores medios nesta época do ano

07/06/22 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa hoxe as obras de rehabilitación do firme na estrada autonómica LU-141 en Rinlo, no concello de Ribadeo

A intervención, que conta cun investimento de máis de 36.000 €, desenvólvese con medios propios de conservación de estradas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e está previsto que se remate hoxe mesmo

07/06/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa de que a demarcación de Galicia-Costa afronta o verán en situación de prealerta por seca e ofrece axuda aos concellos para incentivar o aforro de auga e eliminar as fugas das redes

Vázquez Mourelle avanza que a Oficina Técnica da Seca manterá mañá a prealerta por seca prolongada, pois as chuvias de maio e as dos últimos días non tiveron efecto nos caudais circulantes, estando un 46% por debaixo dos valores habituais para esta época