Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/06/22 | 16:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta invita aos concellos da zona do Barbanza a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

É o quinto encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia da Coruña e terá lugar o vindeiro luns, 27 de xuño, ás 10,30 h, no Casino de Noia, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Están convocados a participar no foro, aberto ao público en xeral, concellos, empresas e entidades do sector pertencentes aos once municipios da comarca
O obxectivo desta iniciativa é informar das principais liñas de incentivos dispoñibles para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar e presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, un punto informativo habilitado polo Goberno galego para dar a coñecer os programas financiados con fondos europeos no eido residencial
 

25/06/22 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Vieites e Pazos, ao seu paso polos concellos da Estrada e de Vedra

Estes traballos desenvólvense en distintos tramos dos ríos, que suman 2 quilómetros de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares destes municipios

24/06/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Baltar o convenio para a mellora do abastecemento e do saneamento no municipio cun investimento de 88.000 €

Augas de Galicia financiará o 80% do importe total, achegando 70.300 euros, contribuíndo o Concello ao financiamento restante

24/06/22 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sardiña e do rego de Aneiros no concello de Ferrol

Estes traballos desenvólvense en distintos treitos dos ríos, ao longo de case 3 km, no seu percorrido por diversos lugares da parroquia de San Salvador de Serantes

23/06/22 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Ministerio tres alternativas viables ante o peche da A-6 que permiten o paso dos transportes especiais e evitan o tránsito polo núcleo de Pedrafita

O Goberno galego realizou un estudo de mobilidade con ánimo construtivo de achegar solucións inmediatas ante un problema de índole nacional que se prevé que se alongue no tempo e con efectos económicos e sociais de envergadura

23/06/22 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén

A actuación supón un investimento autonómico próximo aos 45.000 euros

22/06/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez garántelle á Cámara de Comercio da Coruña que a Xunta defenderá os intereses do empresariado galego afectado polo corte da A-6

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade traslada a máxima implicación do Goberno galego na procura de alternativas que palíen o enorme impacto do peche deste acceso principal a Galicia para moitas industrias

22/06/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Goberno galego reforzará a xunta arbitral de transportes en resposta ás demandas do sector, co que comparte a reclamación ao Goberno de medidas eficaces fronte ao prezo dos carburantes

A Xunta e os axentes da cadea loxística plasman nun documento de consenso as medidas estruturais necesarias para facilitar o labor do transporte de mercadorías en Galicia, logo de identificar as principais necesidades nas mesas sectoriais celebradas

22/06/22 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobilizou nos últimos 4 anos un investimento de 4,7 M€ para humanizar e impulsar sendas seguras, sostibles e saudables en máis 6 quilómetros da estrada OU-536

Francisco Menéndez concreta que a Xunta executará sendas nesa vía autonómica nas Vendas e en Santa Baia, nos concellos de Esgos e do Pereiro de Aguiar, cun investimento de 1,1 M€
 

22/06/22 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Sanxenxo de dous treitos das estradas PO-308 e PO-364 ao seu paso por Portonovo

Materialízase a transferencia destes treitos, seguindo o previsto no acordo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co Concello para humanizar a PO-308 en Portonovo mediante un investimento de 2,3 M€